Asociación Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia en Vilagarcía de Arousa.
Normativa DOP Mexillón de Galicia
Asociación Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia en Vilagarcía de Arousa
Defensa y promoción de la Denominación de Origen Protegida Mejillón de Galicia. Investigación científica y comercial, control de origen y calidad del producto, cadena de custodia de las empresas de elaboración. Más de 28 años en el sector (desde 1994).
Dirección y contacto del Consello Regulador Mexillón Galicia
Avda. de La Marina, 25 (Edificio Mexillón de Galicia, 1ª Pl) - 36600 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Horario de lunes a jueves de 8:00 a 16:00 h. Viernes de 8:00 a 15:00 h.
- Tel:986 507 416
- info@mexillondegalicia.org
- www.mexillondegalicia.org
- www.facebook.com/mexillondegaliciadop
- www.youtube.com/channel/UCK8_d5ziH9rx2kp4NIGmmCw
- www.instagram.com/mexillondegaliciadop
Historia
O Consello Regulador do Mexillón de Galicia iniciou as súas actividades en 1994, aínda que os traballos previos á súa constitución comezaron en 1989. O obxectivo do organismo foi, desde un principio, o fomento da calidade do mexillón galego.
Unha das primeiras iniciativas do Consello Regulador foi a solicitude, baixo os termos da normativa autonómica, do recoñecemento “Produto Galego de Calidade” para o mexillón de Galicia. Por entón, esta normativa aplicábase unicamente aos produtos agroalimentarios da terra, de forma que o mexillón converteuse no primeiro produto do mar en obter esa mención.
Con posterioridade, a Unión Europea estableceu un marco comunitario unificado para as Denominacións de Orixe e outras figuras de calidade vinculadas a un lugar xeográfico determinado, obrigando aos países membros a eliminar ou reconverter todo tipo de marcas, denominacións e normativas que fixeran mención á orixe como factor determinante da calidade dos produtos.
Novamente, o Mexillón de Galicia foi pioneiro na súa solicitude e converteuse no primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade “Denominación de Orixe Protexida”. No ano 2007, quedaba inscrita no rexistro da Unión Europea a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e actualmente é a única DOP para un produto do mar en España.
Desde entón, o Consello Regulador foi adquirindo unhas funcións perfectamente definidas e foi perfeccionando os seus sistemas de control de calidade. Paralelamente, a marca Mexillón de Galicia foi aumentando a súa notoriedade e prestixio entre produtores, comercializadores e consumidores.
Funcións
A finalidade por excelencia do Consello Regulador do Mexillón de Galicia é fomentar a calidade do mexillón, tanto nas actividades de cultivo, como na elaboración, na transformación e na distribución, para poder ofrecerlle ao consumidor un produto acorde coas súas expectativas e esixencias.
O control da orixe e da calidade do produto comeza coa realización de auditorías nas bateas. Así mesmo, o Consello Regulador dispón de unidades de control en todos os peiraos autorizados para a descarga de mexillón. O persoal técnico de control e certificación equipado con medios de transmisión telemática de datos supervisa cada unha das descargas de mexillón que se realizan neses peiraos. Tamén é función do Consello auditar a cadea de custodia nas empresas de elaboración e transformación de mexillón e facer inspeccións aleatorias de produto no mercado.
Os controis establecidos son a base de todo o sistema de certificación de produto, que é un proceso dinámico e permanente, de xeito que cando os resultados son favorables e garanten a calidade e a orixe do mexillón, prodúcese a certificación conforme a norma de calidade ISO-17065. O Consello Regulador do Mexillón de Galicia ten subcontratada parte das tarefas de control e certificación á entidade independente externa Bureau Veritas Certification.
No sistema de control tamén intervén o Departamento de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, que está dotado con laboratorio específico especializado en mexillón. As actividades do laboratorio son determinantes na fase final de control, xa que está capacitado para identificar xenéticamente as especies de mexillón de todo o mundo e, polo tanto, para autentificar o contido dos envases de produtos de mexillón, sexan preparados, conservados ou en fresco.
Das investigacións do Departamento de I+D+i téñense obtido resultados que foron rexistrados como patentes. Ademais, o departamento ten participado en distintos proxectos de investigación a nivel galego, estatal e comunitario, con entidades públicas, centros oficiais de control e universidades.
Por outra banda, é finalidade do Consello Regulador trasladarlle ao consumidor as bondades do Mexillón de Galicia, facendo promoción das súas excelentes características organolépticas (sabor, aroma, cor, textura, palatabilidade,…) e nutricionais atribuídas á riqueza en nutrintes das augas das Rías Galegas (un dos máis importantes depósitos fitoplanctónicos do planeta), ao medio de cultivo (a batea), e á axeitada filosofía de cultivo empregada.
Ademais, o Consello Regulador ten a función de fomento e promoción de iniciativas socioeconómicas para a mellora do tecido vinculado ao Mexillón de Galicia -familias, empresas, traballadores e consumidores-. Para iso, realiza estudos socieoeconómicos e comerciais, formula propostas e orientacións de intervención no sector, e sobre cambios ou reformas da normativa legal na materia. Asemade, mantén unha liña de colaboración directa coa Administración Pública na defensa e protección dos dereitos e intereses dos consumidores e da DOP.
O máximo órgano de xestión do Consello Regulador do Mexillón de Galicia é o pleno, composto por representantes dos produtores e comercializadores de mexillón, así como por vocais da Administración autonómica.
As actividades de control da Denominación de Orixe Protexida canalízanse a través dunha estrutura independente, encabezada por un Comité de Certificación.
Lexislación
Normativa europea sobre DOP- Regulamento (UE) 1151/2012, do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de novembro do 2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios
- Regulamento de execución (UE) 668/2014, da Comisión, de 18 de xuño do 2014, que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) 1151/2012, do Parlamento e do Consello, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios
- Comunicación da Comisión – Directrices sobre a etiquetaxe dos produtos alimenticios que utilizan como ingredientes denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP). (Diario Oficial da Unión Europea C 341/3 de 16.12.2010)
Normativa de Galicia
- Lei 2/2005, do18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega
- Decreto 4/2007, de 18.01 que regula as denominacións xeográficas de calidade e CR
- Publicación dunha solicitude con respecto ao artigo 6, apartado 2, do Regulamento (CE) 510/2006 do Consello, sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios (2006/C 320/07). (Diario Oficial da Unión Europea C 320/12 de 28.12.2006)
- Regulamento (CE) Nº 1050/2007 da Comisión – Inscrición DOP Mexillón de Galicia no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas da UE
- Prego de Condicións DOP Mexillón de Galicia-2017
- Orde do 17 de outubro do 2000, pola que se aproba o regulamento da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia e do seu Consello Regulador
- Orde do 2 de abril del 2009, pola que se convoca eleccións e se dictan normas para a renovación do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia
- Orde do 27 de febreiro de 2015 pola que se nomea o presidente e vicepresidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galiciadente e vicepresidente do Consello Regulador.
- ORDE do 20 de marzo de 2019 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e o seu Consello Regulador.