A 1ª Liga Galega de Break é un programa promovido pola Xunta de Galicia, consistente nun circuíto de competición composto por un total de 10 eventos e
sábado en Parque A Xunqueira, Vilagarcía. Si llueve, en Praza Peixería. Entrada libre. Inscripción previa para
participación
A 1ª Liga Galega de Break é un programa promovido pola Xunta de Galicia, consistente nun circuíto de competición composto por un total de 10 eventos espallados por toda a xeografía galega, con 2 categorías (iniciación e avanzado), con 3 formatos de competición e con talleres formativos.
🎭 escena, 🎵 música, 🏃 deporte, xuventude, juventud
Liga Xunta de Galicia de Break
A 1ª Liga Galega de Break é un programa promovido pola Xunta de Galicia, consistente nun circuíto de competición composto por un total de 10 eventos espallados por toda a xeografía galega, con 2 categorías (iniciación e avanzado), con 3 formatos de competición e con talleres formativos.
#LIGAGALEGADEBREAK
Parada en Vilagarcía
O sábado 19 de xuño terá lugar en Vilagarcía de Arousa a terceira xornada da
Liga Galega de Break e ubicarase no Parque da Xunqueira (pista vermella de
basket). Será a partir das 16h da tarde.
O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento (Parque da
Xunqueira) en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy
Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).
#LigaXuntaBreak Xuventude Galicia Deporte Galego #VilagarcíaDeArousa Vella
Escola
Calendario e sedes
- 22may.2021 Viveiro
- 05jun.2021 Lalín
- 19jun.2021 Vilagarcía de Arousa (Parque Xunqueira. Si llueve, Praza Peixería)
- 26 jun.2021 A Coruña
- 11 sep.2021 Noia
- 25 sep.2021 Pontevedra
- 02 oct.2021 Santiado de Compostela
- 16 oct.2021 Lugo
- 06 nov.2021 Ourense
- 18 dic.2021 Vigo
Breaking, deporte olímpico!
O Breaking debutará como deporte olímpico nos Xogos de París 2024. Este
proceso de inclusión do Break no programa olímpico, ven enmarcado nunha
clara tendencia de expansión dos deportes urbanos por todo o mundo, xa que o
Skate, o BMX e o Basket 3x3 tamén teñen o seu debut como deportes olímpicos
nos Xogos de Tokyo 2021.
FORMATOS DE COMPETICIÓN
As competicións de liga contemplan 2 categorías (Iniciación e Avanzada) para
o formato 1vs1 (individual).
O formato de competición 2vs2 (parellas) será aberto no tocante ás
categorías, co cal, os/as participantes de ambas categorías poderán
formar parella e competir xuntos.
-
1Vs1 INDIVIDUAL Formato de competición un contra un dividida e 2
categorías;
a) Categoría Iniciación: todas as persoas que comezan a practicar Break e non teñen experiencia no ámbito competitivo.
b) Categoría Avanzada: todas as persoas con nivel técnico medio-alto e con experiencia previa no ámbito competitivo. - 2Vs2 PARELLAS Formato dous contra dous de categoría aberta (poden formar parella un/unha competidor/a de iniciación con un avanzado).
- BEST TRICK Formato de competición “Mellor Truco ou Técnica” (Powermove, Footwork, Top Rock, Freeze, etc.) de categoría aberta.
Todos os eventos da competición consisten en batallas que enfrontan a dúas
Bboys, Bgirls, ou a dúas parellas. Cada batalla consiste nun número fixo
de roldas.
REGULAMENTO
Todos os eventos da competición consisten en batallas que enfrontan a dous
participantes, ou a dúas parellas. Cada batalla consiste nun número fixo
de roldas nas que cada rolda desenvólvese do seguinte xeito: Un/unha
participante/parella, realiza unha saída primeiro, e logo o/a outro/a
participante/parella, responde con outra saída. Estas dúas saídas
comprenden unha Rolda dentro dunha batalla.
Ver regulamento completo
PREMIOS
Todos/as os/as participantes da Liga recibirán un diploma en cada un dos
eventos do circuíto indicando o posto obtido. Por outra banda, establécense
3 premios para aqueles/as deportistas que ao finalizar a liga acaden os 3
primeiros postos do Ranking por Categoría (1vs1). Contémplanse tamén premios
para os/as deportistas que acaden a maior puntuación no Ranking Xeral.
*Podes consultar os premios descargando as bases (regulamento) da Liga.
INSCRICIÓNS
Poderán inscribirse para participar na liga, en calquera dos formatos e
categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis
anos. A inscrición na Liga suporá a xestión da alta da licenza federativa de
cada participante que incluirá o seguro de accidentes deportivos durante
todo o programa. A inscrición é de balde e as prazas son limitadas
(adxudicaranse por estricta orde de inscrición).
Por primeira vez en Galicia, podes competir en varios formatos nun mesmo
evento e sumar moitos puntos no Ranking!
As competicións de liga contemplan 2 categorías (Iniciación e Avanzada) para
o formato 1vs1 (individual). O resto dos formatos de competición serán
abertos no tocante ás categorías (participantes de ambas categorías poderán
formar parella e competir xuntos).
Organización
Vella Escola Cultura Urbana
Profesionais con acreditada experiencia na organización de eventos e na
produción cultural.
Rúa Colombia, 6.15200 Noia,A Coruña
☎ 637 089 318
https://www.vellaescola.com/
info@ligaxuntabreak.org
www.ligaxuntabreak.org
Da Rúa Breaking
Federación Española Baile Deportivo
Patrocinan
Xunta de Galicia
Xacobeo 21 22
Deporte Galego
Colaboran
Concello de Viveiro
Concello de Vilagarcía
Concello de Lalín
Concello da Coruña
Concello de Noia
Concello de Lugo
🎭 escena, 🎵 música, 🏃 deporte, xuventude, juventud