$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$src$c=5$type=slider$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

MANIFESTACIÓN CCOO UGT Vilagarcía

Primeiro de Maio de 2021. Agora toca cumprir. Un país en débeda coa súa xente traballadora. ccoo ugt

sábado 1 de mayo, a las 12:30 desde Praza de Ravella, en Vilagarcía. Participación libre 



MANIFESTACIÓN CCOO UGT Vilagarcía 

VIVA O 1.º DE MAIO!

Mobilizacións: 

—A Coruña: manifestación ás 12:00 desde a praza da Palloza e remate na Delegación do Goberno (praza de Ourense)

— Ferrol: manifestación ás 12:00 desde a praza do Inferniño ata a praza de Armas

— Santiago de Compostela: concentración ás 12:00 na praza da Quintana

— Lugo (só CCOO): concentración ás 12:00 na praza de Ferrol

— Viveiro (só CCOO): manifestación ás 11:45 desde García Dóriga ata a praza do Concello

— Ourense: manifestación ás 12:30 desde o pavillón dos Remedios ata a Subdelegación do Goberno

— Vilagarcía de Arousa: manifestación ás 12:30 con saída e remate na praza de Ravella

— Pontevedra: manifestación ás 12:00 desde o Hospital Provincial ata a glorieta de Compostela

— Vigo (acto central): manifestación ás 11:30 desde o cruzamento da Vía Norte con Urzáiz ata Concepción Arenal 

Primeiro de Maio de 2021. Agora toca cumprir. Un país en débeda coa súa xente traballadora 


O 1.º de Maio de 2020 cadrou en pleno confinamento por mor da pandemia de covid-19. Con todo, para CCOO e UGT non deixou de ser un día reivindicativo no que reclamamos a necesidade doutro modelo social e económico máis xusto, a obriga de protexer e reforzar os servizos públicos, imprescindibles nunha sociedade democrática, e destacar o valor insubstituíble do traballo, das traballadoras e traballadores, para sacar adiante unha sociedade ante situacións tan complexas. 

Pasou un ano moi duro, tanto no ámbito sanitario como no económico e social, no que a pandemia seguiu manifestándose con virulencia e os servizos públicos e os esenciais foron claves en todo momento. Por iso, neste 1.º de Maio, os sindicatos de clase queremos darlle a máxima relevancia ao mundo do traballo e facer un recoñecemento explícito a todas as persoas ocupadas neses servizos esenciais que, nun momento tan complicado e en plena praga de contaxios, estiveron á fronte salvando vidas; coidando dos nosos maiores nas residencias; garantindo a produción, distribución e subministración de alimentos e outros produtos necesarios; efectuando servizos de limpeza e mantemento; contribuíndo á seguridade das persoas. Trouxéronnos á casa o que necesitabamos, garantiron a mobilidade e informáronnos acotío, entre outras cousas.

Pero o recoñecemento non pode quedar nun mero xesto moral, senón que ha ir acompañado de actuacións e compromisos concretos que melloren as súas condicións de traballo; é o que toca e é o que esiximos. UGT e CCOO, durante esta longa crise, demostramos a nosa corresponsabilidade, non só coa participación moi activa no diálogo social en España e en Europa, desenvolvendo medidas sociais destinadas a salvagardar o emprego e o tecido produtivo, que tiveron o seu máximo expoñente nos distintos acordos sobre os ERTE —aínda que non os únicos—, senón tamén na construción dunha forma diferente de informar e de axudar a todas as persoas traballadoras nesta dura pandemia. Queda camiño por percorrer. Moita xente vive hoxe en situación de necesidade e a saída da crise debe efectuarse desde una perspectiva social.

Agora toca afrontar no ámbito do diálogo social materias moi relacionadas con esa posta en valor do mundo do traballo e das actividades esenciais. E, asemade, despregar a nosa actividade nas mesas de negociación dos convenios colectivos e os plans de igualdade entre mulleres e homes, mantendo as mobilizacións e folgas precisas para defender os dereitos laborais e os postos de traballo.

Xa que logo, unha vez que se iniciou a vacinación e se priorizou a saúde da cidadanía, é urxente pór en marcha a axenda social pendente e comprometida polo Goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos cos axentes sociais e coa cidadanía. Agora toca cumprir.

E cúmprese poñendo en primeiro lugar as persoas nas políticas de reconstrución deste país. Os fondos de reconstrución, transformación e resiliencia europeos, en cuxa xestación tiveron un papel fundamental as organizacións sindicais europeas, supoñen un estímulo forte e necesario para saír da crise, para impulsar o cambio de modelo produtivo e unha oportunidade para a asignación política das prioridades que temos como país. Isto implica potenciar a participación imprescindible dos axentes sociais no deseño, execución e avaliación dos proxectos.

O alcance das medidas que se tomen en materia de normativa laboral depende de que se cumpran tamén as esixencias europeas: atallar a dualidade do mercado de traballo, o exceso de contratación temporal e o paro xuvenil.

Para iso é urxente finalizar a negociación das materias que quedaron pendentes na mesa de diálogo social coa chegada da pandemia, enfocadas a derrogar a reforma laboral de 2012: acabar coa dualidade do mercado de traballo, recuperar a ultraactividade dos convenios colectivos, que os convenios sectoriais recuperen a súa referencia de mínimos e non poidan ser modificados á baixa no ámbito das empresas, regular as contratas e subcontratas para que as persoas que traballan en actividades externalizadas teñan garantidos os seus dereitos mediante un convenio colectivo, e unha lexislación con máis garantías e control das inaplicacións dos convenios colectivos.

Unha axenda social que inclúe tamén medidas tan necesarias como estas:

— Unha reforma ambiciosa en materia de contratación laboral, que dea cabo da temporalidade endémica que afecta de forma especial ás mulleres e ás persoas novas.

— Medidas de flexibilidade interna negociadas coa representación legal das persoas traballadoras, que eviten que, ante problemas conxunturais, as empresas utilicen o despedimento como o único recurso, e contribúan á estabilidade no emprego, avanzando na transición necesaria cara a un novo modelo de relacións laborais.

— Apostar polo sistema público de pensións e derrogar a reforma unilateral que o Goberno do PP implantou no 2013 co obxectivo de debilitar o sistema público de pensións e de reducir as actuais e futuras prestacións. Actuar sobre os ingresos do sistema en liña coas propostas do Pacto de Toledo.

— Mellorar as prestacións por desemprego, tanto no nivel contributivo como no asistencial.

— Renovar as políticas activas de emprego para que teñan un maior e mellor impacto na creación de emprego, con acordos en materia de políticas de garantía de emprego xuvenil de calidade.

— Aprobar unha lei de igualdade salarial.

— Promover un plan de choque contra a sinistralidade que free as inaceptables cifras de accidentes laborais.

Por outra banda, CCOO e UGT consideramos inxustificable a negativa do Goberno a subir o salario mínimo interprofesional. Este atangue a sectores que aglutinan os colectivos máis vulnerables e a moitas persoas traballadoras de sectores esenciais, polo que non renunciamos á suba deste salario no 2021.

Canto aos ERTE, que acompañaron ao longo desta crise, cremos que se terán que seguir adaptando ás situacións que se vaian producindo ata que se dea unha reactivación total da actividade en todos os sectores.

Ambos os sindicatos chamamos as organizacións empresariais a potenciar o diálogo bipartito e a buscar un novo Acordo polo Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que facilite o desenvolvemento dos convenios colectivos para afrontar unha saída xusta e equitativa desta crise, que non supoña unha desvalorización dos salarios, e avanzar nos procesos de modernización e adaptación ás novas realidades que se están producindo no mundo do traballo.

UGT e CCOO somos organizacións internacionalistas e solidarias. Por iso queremos aproveitar esta data para lembrar as miles de persoas que seguen sendo coaccionadas, castigadas, reprimidas e ata asasinadas por reclamaren mellores condicións de vida para os traballadores e as traballadoras. A liberdade sindical e a xustiza social seguen estando no punto de mira dos que seguen negándose a repartir a riqueza. A nosa homenaxe a todas as mulleres e homes do mundo que se enfrontan decotío aos poderosos sen máis fin ca o ben común.

Así mesmo, queremos lembrar que a saída da crise da covid-19 só será efectiva se sae o mundo enteiro. A sanidade e os coidados son dereitos universais e, por iso, CCOO e UGT esixímoslles a todos os Gobernos —rexionais, nacionais e supranacionais— que garantan que as vacinas e medicamentos cheguen a todo o planeta. Non só será inxusto, senón que non será efectivo se o mundo enteiro non dá alcanzado a desexada inmunidade.

Estes son os compromisos dos sindicatos de clase neste 1.º de Maio de 2021, tendo presente que os efectos laborais e sociais desta crise bateron con maior dureza nos segmentos da poboación máis vulnerables, cunha maior incidencia nos sectores con ampla presenza de mulleres nos que a precariedade laboral é máis grave e que, en gran medida, forman parte daqueles servizos que consideramos esenciais durante toda a pandemia. O país está en débeda con todas estas persoas e por iso agora toca cumprir e mellorar os seus dereitos laborais e as súas condicións de vida.


💬 acto 01may.2021 



Nombre

_actividad,10,_anuncio,145,_aviso,14,_fiesta,273,.ACTIVIDADES,1,.ACTIVIDADESVGA,1,.AVISOS,9,.AVISOSVGA,9,.EVENTOSVGA,95,.GUIA,7,.GUIA-EVENTOS-PASADOS,977,.INFORMACION-pasado,1,.NOTICIAS,28,.NOTICIAS-VALGA,3,.NOTICIASBARBANZA,1,.NOTICIASVGA,1,.PROXIMO,1,.social-web,1,.TURISMO,7,.TURISMOVGA,3,@dornaFG,1,@Dr_PedroLago,1,@En_Marea,2,@erguergaliza,2,@Escena_Galega,1,@FECA,1,@ficcionProduc,5,@FrancisWhiter,1,@gadis,1,@GatoNegro,2,@HotelCarril,1,@InfoSalnes,1,@ivanferreiro,1,@JakeShaneMusic,1,@LaBolsa,2,@laduendeneta,1,@launionoficial,1,@Liceo_BBC,19,@LitaCabellut,1,@Lua_tkd,1,@ManuelGuinarte,1,@mpereiros,2,@novcarminha,1,@obloque,1,@OsMecos,1,@pcvilagarcia,1,@PlatEstEscuelaP,1,@portAmerica,1,@Puerto_Flamenco,1,@radioarosaSER,2,@sogaps_oficial,1,@soutoncas,1,@TDAHSalnes,1,@Tricicle,1,@trivilagarcia,1,@UllaUmia,1,@xatouri,1,#comercio,1,>OGrove>Noticias,1,>Pontevedra>noticias,2,2014,1,2018,1,20dic,1,actividad,5,actividad_,1,actividadpasada,65,acto,385,acto_,231,agenda,2,agenda pasada,46,agenda_,1,agendapasada,3,agendaresumen,1,agua,1,AIlla,10,albariño,2,anuncio,214,Arousa,12,arte,21,asoc,1,asoc folclórica,31,asoc montes,1,asoc protectora,8,asoc religiosa,6,asoc turística,4,asoc.empresarial,3,asociación,23,asociación cultural,151,asociación deportiva,63,asociación ecologista,16,asociación educativa,47,asociación empresarial,42,asociación juvenil,25,asociación lúdica,65,asociación mujer,32,asociación musical,57,asociación solidaria,47,asociación vecinal,54,audio,4,autobus,21,aviso,7,aviso_,16,avisopasado,39,barbanza,1,Benjamín Rey,7,biblioteca,4,bicicleta,1,biosaludable,1,Boiro,1,Caldas,5,Cambados,22,camelia,1,Catoira,9,celebracion,150,celebración,2,celebracion_,3,centro deportivo,6,centro empresarial,1,ciclismo,4,cine,272,Cine Clube Ádega,1,cine_,74,coches,1,comercio,17,comic,1,concurso,2,coro,13,Cortegada,3,covid-19,20,crónica,1,cuarentena,21,cultura,34,curso,165,curso_,4,Curtas,52,curtas2020,1,danza,1,deporte,845,deporte_,12,destacado,6,destacado_,56,DisfrutarVGA,1,ecologia,9,ecología,3,economia,29,economía,1,educacion,14,educación,2,empleo,3,empleo pasado,5,empleopasado,2,encuesta,1,EnPositivo,7,entrevista,2,entroido,3,equipo deportivo,1,escena,274,escena pasado,1,escena_,129,escultura,15,espacio,1,España,7,evento,9,evento pasado,82,evento_,120,eventoILLA,1,eventopasado,981,eventopasado2,2846,EVENTOSOSALNES,1,EVENTOSVGA,3,eventoVGA-expo,3,expo,2,expo_,213,exposicion,77,exposición,6,exposicion_,12,farmacia,8,feria,1,FestaDaAuga,7,fiesta,150,folclore,1,formación,3,formación pasada,414,fotografía,13,fútbol,2,Galicia,15,gastro,139,gastronomía,38,grove,1,Guia,7,Guía,25,Guía Turismo Vilagarcía,1,Guía Vilagarcía,38,Guía Vilagarcía Información,35,Guía Vilagarcía Social,513,Guía Vilagarcía Turismo,18,Guía Vilagarcía_,1,GuíaCatoira>noticias,1,GuíaVilagarcía,1,historia,6,hostelería,1,igualdad,1,infantil,349,infantil_,174,info,1,INFO-parque,14,Info-TrabancaBadiña,1,info.cultural,31,informacion,13,información,5,InformacionVGA,1,informatica,1,INFOVGA,2,inscripcion,1,internacional,13,JoseLuizOubina,6,juventud,8,Letras Galegas,5,literatura,7,LuisDiazDevesa,10,lunes,1,manuelguinarte,18,mar,5,meaño,1,mecenas,2,medio ambiente,2,meis,2,menú,11,MENU-GuíaVilagarcía,1,MiCiudadFavorita,18,mujer,5,muller,4,musica,962,música,28,musica_,590,nadal,7,narcotráfico,1,naturaleza,2,noticia,22,noticias,104,Noticias Vilagarcía,1,O Faiado da Memoria,2,O Grove,3,obradoiro,1,oferta,1,OGrove,17,ong,2,OSalnés,4,padron,1,parque,2,parque infantil,1,patrocinador,10,patrocinador pasado,1,patrocinador1,5,patrocinador2,3,podcast,4,politica,10,política,26,Pontevedra,3,portada,4,portas,1,premio,2,producción,52,profesional,1,programa,4,promo,106,promo-,196,próximo,2,radiocontrol,1,Rianxo,1,Rías Baixas,2,Ribadumia,7,Ribeira,6,Riveira,1,romeria,1,Rubiáms,1,Salnés,3,salud,2,salvamento,2,San Roque,1,sanidad,3,SanRoque,19,SanRoquepasado,14,Santa Rita,2,Santiago,2,Sanxenxo,6,semanal,1,senderismo,1,servicios,11,slider,1,SOCIAL-danza,1,SOCIAL-política,1,socialeducacion,5,sociedad,28,solidaridad,7,spot,12,sucesos,36,teatro,12,television,10,trabajo,9,trafico,3,tráfico,2,transporte,17,turismo,38,turismo patrimonial,18,TURISMO-playa,1,tv,2,Valga,2,vela,2,verbena,1,Vgaa,23,vídeo,138,vídeoVGA,1,vilagarcia,798,Vilagarcía,811,Vilagarciaa,10,Vilanova,18,Vilaxoan,1,Vilaxoán,1,Xunta,1,ZonaAberta,27,
ltr
item
Guía ArousaTv: MANIFESTACIÓN CCOO UGT Vilagarcía
MANIFESTACIÓN CCOO UGT Vilagarcía
Primeiro de Maio de 2021. Agora toca cumprir. Un país en débeda coa súa xente traballadora. ccoo ugt
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJs8uHxrhxDUxol_cb7k8CLdrTzRNgUmFPsWPiK_2tCNt6hyhwJuCq5JvGjZR7ar8VdZTbWgcsfqF3K69UynxJTYYQ2vdS1UeTu3b-jRgWOj1spw0UHl8Fc933Ot50imdqb_6iBDfAOWo/w227-h320/c386aaebce8b7d23d53749c010b18211000055.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJs8uHxrhxDUxol_cb7k8CLdrTzRNgUmFPsWPiK_2tCNt6hyhwJuCq5JvGjZR7ar8VdZTbWgcsfqF3K69UynxJTYYQ2vdS1UeTu3b-jRgWOj1spw0UHl8Fc933Ot50imdqb_6iBDfAOWo/s72-w227-c-h320/c386aaebce8b7d23d53749c010b18211000055.jpg
Guía ArousaTv
https://www.arousatv.com/2021/04/manifestacion-ccoo-ugt-vilagarcia.html
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/2021/04/manifestacion-ccoo-ugt-vilagarcia.html
true
1062352745098799820
UTF-8
Cargados todos los artículos No se encontró ningún artículo VER TODO Leer más Responder Cancelar respuesta Borrar Por Guía | ArousaTv PAGINAS ARTÍCULOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARCHIVO TODOS LOS ARTÍCULOS No se encontró ningún resultado para tu búsqueda request Volver Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Dom Lun Mar Mie Jue Vie Sab Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre Ene Feb Mar Abr Mayo Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic ahora mismo hace 1 minuto $$1$$ minutes ago hace 1 hora $$1$$ hours ago Ayer $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago hace más de 5 semanas Seguidores Síguenos CONTENIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte en tu red socialetwork PASO 2: Haz click en el enlace en tu red social Copiar Todo el Código Seleccionar Todo el Código Todos el código fue copiado en tu portapapeles codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contenido