22h viernes en Parque A Xunqueira Vilagarcía. Entradalibre
CONCIERTO Guadi Galego "Inmersión"
Concierto enmarcado en el programa Musical 2020 (categoría Son Actual) de la Deputación de Pontevedra. Antes programado para el 23 may y cancelado por cuarentena.Premio Martín Códax a Mellor artista de canción de autor
Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. En 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001) foron calorosamente recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos (entre eles o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos de 2002). Seguiunos 10.0 (2006), que acadou o segundo Premio Opinión a Mellor Disco Galego do ano e foi candidato aos Premios da Música co seu tema “Xente”. Para daquela Guadi xa comezaba a experimentar con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s (con Abe Rábade e Ugia Pedreira), ambas tamén galardoadas co Premio a Mellor Disco Galego.
Finalmente, no 2009 sae á luz Benzón, álbum aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario, sen deixar de participar noutros proxectos. Así, no ano 2012 sae o disco aCadaCanto, proxecto intimista onde traballa unha vez máis con Guillerme Fernández, acompañada tamén por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no acordeón. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, sae o terceiro, O mundo está parado. Este disco viaxa do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia, elaborando unha sonoridade envolvente con arrecendo pop que reapareceu no EP Bóla de cristal (2018). Para 2019 prepara a publicación de Immersion, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da que adiantou unha versión de "Cedeira" na que colabora Iván Ferreiro.
IMMERSION, a nova entrega discográfica de GUADI GALEGO. IMMERSION é unha reconstitución de si mesma, unha revisión en varias linguas afíns a Guadi, por territorio cultura e emoción, unha reinterpretación da súa própia música. Son once temas xa editados non seus últimos traballos e un tema inédito que soa agora en mundos musicais distintos. A IMMERSION prodúcese nun universo íntimo, minimalista e arriscado. O disco afástase dos moldes e ábrese a un mundo plural e ecléctico no que colaboran diferentes artistas: Ivan Ferreiro, Ana Bacalhau, Lisandro Aristimuño, Clara Peya e Judit Neddermann, Andrés Suarez, Mikel Urdangarin, Sisters In The House, Abe Rábade, Javier Otero, Alex Ínsua, Silvia Quesada e Alfredo González, Germán Díaz, Xabier Díaz e Alidé Sans. Producen Pau Brugada, Vic Moliner, Guadi Galego e Carlos Abal.
🎵 música,
21ago
agosto 2020
SanRoque
Suscríbete a Arousa TV por correo