O seleccionador español Pedro López encabezou a delegación da Real Federación Española de
Fútbol que estivo este xoves en Galicia para visitar as instalacións que acollerán os partidos de clasificación para a fase final deste Campionato de Europa
O adestrador do equipo feminino pisou o céspede do Estadio Vero Boquete de San Lázaro, que
albergará os partidos de España, e tamén visitou o hotel de concentración en Sanxenxo e o Estadio Municipal de A Lomba en Vilagarcía
PEDRO LÓPEZ E A RFEF, “ENCANTADOS” COS ESCENARIOS NOS QUE SE VAI DISPUTAR A “RONDA ÉLITE SUB 19 FEMININA”
Calendario
O calendario dos partidos desta Rolda Élite que se celebrará en Galicia é o seguinte:Mércores 03abr
Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía
13h HUNGRÍA – IRLANDA
Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago
18h30 ESPAÑA – SERBIA
Sábado 06abr
Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía
13h IRLANDA – SERBIA
Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago
18h30 ESPAÑA – HUNGRÍA
Martes 09 abr
Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía
18h30 SERBIA – HUNGRÍA
Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago
18h30 IRLANDA - ESPAÑA
As seleccións chegarán a Galicia entre o día 1 e o 2 de abril, concentrándose nos hoteis de
Sanxenxo Carlos I Silgar e Talaso Sanxenxo.
A entrada para ver os partidos será gratuíta e sen dúbida será esta unha gran oportunidade para
ver en acción ás xogadoras que están chamando xa á porta da élite do fútbol feminino español e
europeo.
A Ronda Élite conta con sete grupos compostos por catro seleccións cada un. En total 28
aspirantes a estar no Europeo, donde estarán o anfitrión Escocia e os sete campións de grupo. A
Fase Final disputarase entre o 16 e 28 de xullo.
Continúa a conta atrás para a celebración da “Ronda Élite”. A Selección Española sub 19 feminina
xogarase en Galicia a clasificación para o Europeo da categoría. Os estadios Verónica Boquete de
San Lázaro en Santiago de Compostela e A Lomba de Vilagarcía acollerán a competición do 3 ao 9
de abril. As seleccións que compoñen este grupo son España, Irlanda, Serbia e Hungría.
Coa conta atrás do reloxo xa en marcha, o seleccionador español Pedro López liderou a expedición
da Selección Española e da Real Federación Española de Fútbol que este xoves viaxou a Galicia
para tomar boa nota de todos os detalles que rodean a esta competición. Así, e tras aterrar no
aeroporto de Peinador en Vigo á primeira hora da mañá, Pedro López puxo rumbo ao Estadio Vero
Boquete de San Lázaro para ultimar todos os detalles para esta gran e definitiva cita. Durante a
súa visita, o preparador español supervisou o estado do céspede, compartiu as súas impresións
cos encargados de manter o campo nas mellores condicións e fixo un percorrido polas entrañas do
recinto para telo todo controlado. A concelleira de Deportes do Concello de Santiago, Noa
Morales, tamén recibiu ao técnico do equipo nacional feminino xunto cunha ampla representación
da Real Federación Galega de Fútbol.
A expedición da RFEF partiu posteriormente rumbo ao Estadio de A Lomba de Vilagarcía para
visitar o terreo de xogo que acollerá os partidos das outras selección participantes (Serbia, Hungría
e República de Irlanda). Sobre o céspede do campo arousán, Pedro López foi recibido polo
presidente do clube local, Manolo Abalo, e pola presidenta do Atlético Arousana, Rosana Poza. Hai
que lembrar que na comarca de Arousa hai un arraigamento importante do fútbol feminino.
A viaxe do seleccionador español e da delegación da Real Federación Española de Fútbol non
rematou aí, posto que tamén tomaron boa nota do estado do campo de Baltar, en Portonovo, que
acollerá os adestramentos da Selección Española. En Portonovo foron recibidos por Valentín
Martínez, presidente da entidade local.
Xa por último, o preparador do equipo sub 19 feminino tamén se desprazou ata Sanxenxo, onde
fixo un percorrido polo hotel Carlos I de Silgar no que permanecerá concentrada a Selección
Española (tamén o resto dos equipos participantes nesta Rolda Elite).
“Agora só falta clasificarse”
Pedro López amosou a súa satisfacción tras a súa visita aos escenarios nos que o seu equipoxogarase o ser ou non ser neste Campionato de Europa. O preparador da Selección Española sub
19 feminina declarou estar "encantado e moi contento" coas instalacións que van albergar esta
Ronda Elite, á vez que se puxo en mans da axuda "divina" para pedir que o tempo acompañe
durante esas datas. "Ogallá brille o sol en Galicia como estes días", apuntou entre risas.
Cunha galega na convocatoria
24 xogadoras forman parte da concentración que se iniciará en Las Rozas. 4 futbolistas nonformarán parte da lista definitiva.
CLUBE E XOGADORAS:
ATHLETIC CLUB
Nerea Nevado Gómez
Oihana Hernández Zurbano
C. ATLÉTICO DE MADRID SAD
Itziar Pinillos Moreno
Laia Aleixandri López
Rosa Otermín Abella
Leire Peña Ruiz
FC BARCELONA
Laia Codina Panedas
Candela Andújar Jiménez
Clàudia Pina Medina
UD COLLERENSE
Catalina Thomas Coll Lluch
BOSTON BREAKERS
María Echezarreta Fernández
DEPORTIVO ABANCA
Teresa Abelleira Dueñas
RCD ESPANYOL DE BARCELONA SAD
Berta Pujadas Boix
Anna Torrodá Ricard
LEVANTE UD SAD
Eva María Navarro García
MADRID CFF
Silvia Rubio Ávila
OVIEDO MODERNO CF
María Méndez Fernández
REAL BETIS BALOMPIÉ SAD
Rosa Márquez Baena
REAL SOCIEDAD DE FÚTBOL SAD
Nerea Eizaguirre Lasa
Carla Bautista Piqueras
CDE RACING FÉMINAS
Athenea del Castillo Beivide
SEVILLA FC SAD
Olga Carmona García
VALENCIA FÉMINAS CF
Enith Salon Marcuello
VILLARREAL CF SAD
Aixa Salvador García
Suscríbete a Arousa TV por correo