O departamento de tráfico da Policía Local de Vilagarcía está a traballar no dispositivo para a celebración procesión de XOVES SANTO, prevista para o vindeiro xoves 18/04/2019 ás 20:30 horas, e que terá o seguinte percorrido:
- Praza de ESPAÑA- Rúa COVADONGA
- Rúa GENERAL PARDIÑAS
- Rúa ARCEBISPO LAGO
- Rúa BRANDARIZ
- Rúa CASTELAO
- Rúa GENERAL PARDIÑAS
- Rúa COVADONGA
- Praza de ESPAÑA
*O itinerario pode ser modificado pola organización en función das condicións meteorolóxicas.
O departamento de tráfico da Policía Local de Vilagarcía está a traballar no dispositivo para o evento relixioso procesión de VENRES SANTO, previsto para o vindeiro venres 19/04/2019 ás 20:00 horas, e que terá o seguinte percorrido:
- Praza de ESPAÑA- Rúa COVADONGA
- Rúa GENERAL PARDIÑAS
- Rúa ARCEBISPO LAGO
- Rúa BRANDARIZ
- Rúa CASTELAO
- Rúa GENERAL PARDIÑAS
- Rúa COVADONGA
- Praza de ESPAÑA
*O itinerario pode ser modificado pola organización en función das condicións meteorolóxicas.
Foi colocada sinalización circunstancial de prohibición de estacionamento, e solicitando a retirada dos vehículos estacionados no lugar naquelas rúas onde o estacionamento de vehículos resulta incompatible co evento.
As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico rodado durante o transcurso do evento, estando restrinxido o acceso e saída de vehículos dos vaos permanentes.
Os itinerarios do transporte público urbano veranse afectados.
RECOMENDACIÓNS:
- Utilice os estacionamentos periféricos e disuasorios.
- Evite utilizar o vehículo para itinerarios urbanos.
- Para vehículos en tránsito recoméndase a utilización das vías de circunvalación (N-640, e VG-4.7).
- Os residentes e usuarios das rúas do itinerario deberán prever as súas chegadas e saídas para evitar a coincidencia co horario da proba.
- En caso de urxente necesidade diríxase ao Policía ou Voluntario máis próximo, ou chame ao 986501582 (Policía Local de Vilagarcía) para solicitar un posible itinerario de saída.
- En caso de emerxencia chame a 092 Policía Local, ou 112 Emerxencias de Galicia.
- Manteña os nenos á vista e evite que invadan o itinerario da procesión. Lémbrelle que en caso de perderse poden dirixirse a un Policía.
- Nas aglomeracións, vixíe os seus enseres.
A POLICÍA LOCAL DE VILAGARCÍA traballa pola súa seguridade. Siga as súas indicacións e colabore cos membros da Organización, e cos voluntarios que participarán no evento.
Grazas pola súa colaboración.
#OperacionSSanta2019 #Vacaciones
#092ATúaPolicíaDeProximidade #Vilagarcía #PolicíaLocal