jueves en Arousa. 14 noviembre 2018
Huelga Sindicato de estudiantes "Fuera el machismo de nuestras aulas"
El Sindicato de #Estudiantes (SE) convocó para el miércoles 14nov una huelga de estudiantes con el lema "Fuera el machismo de nuestras aulas".
Habrá movilizaciones en toda España y están llamados a secundarla los #institutos y #universidades.
Por lo que se espera que mañana en #Arousa los institutos apenas tengan actividad.
Recordar que los alumnos a partir de partir de #3ºESO no necesitan presentar autorización de los padres para hacer uso de su derecho a huelga. (LODE)
Info: http://www.sindicatodeestudiantes.net/
MANIFESTACIONES GALICIA:
Coruña: Obelisco
Vigo: Farola de Urzáiz
Ferrol: Edificio Xunta (praza de España)
Lugo: Edificio Xunta (Ronda da Muralla)
Ourense: Subdelegación do Goberno
Santiago: Praza do Toral
COMUNICADO:
O curso pasado millóns de mulleres traballadoras, mozas e estudantes, apoiadas por miles dos nosos compañeiros, saímos ás rúas do Estado español para denunciar un sistema e unha xustiza patriarcais que amparan unha violencia machista que nos oprime, viola e mata. A nosa mobilización conmocionou a toda a sociedade e tivo unha influencia decisiva para sacar ao PP do Goberno.
Pero o machismo e a opresión sexista seguímolos sufrindo cada día e tamén no sistema educativo. E non podemos esperar máis, queremos que as cousas cambien drasticamente! Esta é a razón pola que desde o Sindicato de Estudantes e Libres e Combativas chamamos a toda a mocidade a unha gran folga xeral estudantil e a celebrar manifestacións masivas o próximo 14 de novembro, para esixir ao goberno de Pedro Sánchez e ao Ministerio de Educación:
1. A posta en marcha inmediata dunha materia de educación sexual inclusiva avaliable e obrigatoria en todos os centros de estudo, tanto públicos como privados, para que sen importar o noso xénero, orientación sexual ou identidade, podamos ser o que somos. Unha materia para o ensino primario, secundaria, bacharelato e formación profesional que sirva para educar en liberdade, contra o machismo, os malos tratos e a cultura da violación, contra a homofobia e a transfobia.
2. Un Decreto Lei que elimine de maneira inmediata dos regulamentos internos dos centros de estudo calquera referencia machista e represiva á nosa forma de vestir, recollendo explicitamente o respecto á liberdade sexual de todas as persoas, dos dereitos do colectivo LGTBI+ e que se adopten medidas disciplinarias contundentes contra aqueles profesores que en institutos e universidades, aínda que son minoría, manteñen actitudes machistas e sexistas.
3. Pola derrogación inmediata da LOMCE, a reversión de todos os recortes educativos e a gratuidade do ensino público desde infantil á universidade para as mozas e mozos das familias traballadoras. Non botamos ao goberno de Rajoy para que todo siga igual!
Queremos respecto e dignidade, queremos liberdade e o fin dos abusos e a humillación. Basta de palabras, queremos feitos.
Todas e todos á folga xeral estudantil do 14 de novembro!
Baleirar as aulas e encher as rúas!
14nov
noviembre 2018
Vilagarcía