11h-20h30 sábado e domingo no campo da Igrexa de Baión, Vilanova. Entrada libre.
Mostra de Oficios, costumes e xogos populares
As tradicións, costumes, oficios tradicionáis, xogos populares, forman parte dun legado que teñen os pobos e que non se debe esquencer; son parte da nosa herdanza cultural e preservar a nosa cultura significa preservar a nosa identidade.
Consideramos que é importante que os xoves coñezan esta parte da nosa historia recente e tamén que sirva aos máis maiores para rememorar pasaxes da súa vida.
Por iso, organizamos dende a A.C. O Castro, esta MOSTRA para os días 9 e 10 de xuño, convidándovos a asistir á mesma, e desexando que pasedes unhas datas de ledicia, de ilusión, de recordos ...
A Xunta Directiva da Asociación O Castro
O aparcadoiro estará ubicado no Polígono industrial de Baión (ao lado do colexio público). Os asistentes serán levados de balde no tren turístico ata o recinto da Mostra. O horario do tren será de 10.30h a 14.00h e de 16.30h a 21.00h
Actividades
Mostra de oficios tradicionáis: cesteiros, carpinteiros, zoqueiros, oleiros, canteiros, ferreiros, augardenteiros, afiador, encaixe, instrumentos musicáis, follalateiros ...
Costumes: pasarrúas, cantares de cego, contacontos, tirititeiros, historias do pan de millo, a malla, carro do país, mulleres no lavadoiro, xogo de cartas, mulleres coa cesta da herba, serrachíns, noite de meigas.
Xogos populares: os aros, a chave, os bolos ...
Exposicións: materiáis, ferramentas, produtos.
Programa
Sábado 09jun
11h Inauguración11h30 Carro do país: corta de toxo e carga no carro
12h Sesión de malla: manual / malladora
13h Debullar o millo
13h30 Escea lavadoiro
17h Carro do país: descarga do carro
18h Sesión de malla: manual / malladora
19h Amasar o pan
19h30 Escea lavadoiro
20h Cantos de taberna
20h30 Titiriteiros
Domingo 10jun
11h30 Carro do país: corta de toxo e carga no carro12h Sesión de malla: manual / malladora
13h Cantos de taberna
13h30 Escea lavadoiro
17h Carro do país: descarga do carro
18h Sesión de malla: manual / malladora
19h Cantos de tarberna
19h30 Escea lavadoiro
20h Música tradicional: zanfoña
20h30 Foliada
09jun, 10jun