Nos últimos anos asistimos a un fortalecemento do movemento feminista, o cal, sobre todo no 2017, amosou a súa capacidade para marcar a axenda política e posicionar o feminismo no centro do debate social. Isto terá consecuencias nas mobilizacións do próximo 8 de marzo polo día das mulleres, data na que, por primeira vez, convocarase en España un paro de mulleres, coa singular característica de ser un paro laboral, de coidados, estudiantil e de consumo.
Dende Por unha Marea na Vila queremos arroupar ao movemento feminista neste fito, polo cal levaremos ao pleno de febreiro unha moción cuxo fin é o apoio do Concello de Vilagarcía á folga de mulleres. Para a exposición da mesma, o acaído é a intervención das asociacións
feministas de Vilagarcía, posto que a folga é consecuencia do traballo dos colectivos que
colaboran na organización do 8 de marzo. É a elas a quen lles corresponde a voz.
Asemade, presentamos a moción “Por unha Vila segura para as mulleres, unha Vila segura para tódalas persoas”, na que abordamos a necesidade de revisar Vilagarcía dende a perspectiva das mulleres, facendo fincapé en distintos eidos: urbanístico, social, das forzas de seguridade. Para levalo a cabo é preciso facelo en colaboración co CIM, as asociacións feministas e o Consello Local da Muller. De feito, tanto o CIM como O Soño de Lilith xa fixeron as súas aportacións na redacción final da mesma.
Queremos remarcar que non se trata de medidas puntuais, senón dos primeiros pasos dun
proxecto baseado na premisa de que só poñendo no centro as experiencias das mulleres
podemos acadar unha Vila máis xusta e igualitaria. Somos o 50% da poboación, aquela que
sempre estivo ao marxe. #Time’sUp
Por Unha Marea Na Vila
Suscríbete a Arousa TV por correo