18h sábado en Auditorio Riveira. Entrada libre
Gratuíta, a conferencia terá lugar ás 18 horas no Auditorio
Santa Uxía de Riveira, 28 de novembro de 2017.- As concellerías de Educación, Cultura e Xuventude uniron as súas forzas para ofrecer este sábado día 2 unha conferencia de interese para pais, nais e adolescentes de toda a comarca: "Aprender a educar"; na que Pedro García Aguado, ex xogador de waterpolo (medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atlanta 96), célebre por ter sido condutor
do programa televisivo Hermano Mayor, e o educador Francisco Castaño Mena, explicarán moitas pautas e instrumentos de utilidade á hora de previr e resolver conflitos entre proxenitores e fillos.
A charla terá lugar ás 18 horas no Auditorio de Riveira. É totalmente gratuíta e as portas da instalación municipal abriranse trinta minutos antes.
Durante a presentación do evento, Herminia Pouso explicou que con esta charla Pedro García Aguado e Francisco Castaño Mena propoñen a prevención como punto de inicio para tratar as
dificultades que afectan aos adolescentes e ás súas familias. Na charla daranse claves ás familias de como previr e como actuar cando as dificultades na relación, normais e habituais na adolescencia, adquiran un peso propio.
Coloquio
A actividade terá unha duración aproximada de dúas horas. Antes de concluír abrirase un coloquio entre os conferenciantes e os asistentes, quen poderán formular as preguntas que consideren
pertinentes.
“APRENDER A EDUCAR: Como hacer de nuestros hijos personas felices” por Pedro García Aguado y Francisco Castaño Mena

02dic
diciembre 2017