en Vilagarcía. Info 981582836
Festiclown. Festival Internacional de Clown de Galicia
Formaclown 2017
Máis información en https://www.festiclown.org!!!
Obradoiros Formaclown 2017 9-15 de agosto Vilagarcía
Neste Festiclown programamos tres obradoiros de clown e maxia:- O clown: do ridículo ao cómico. Antón Valén. Mércores 9 e xoves 10 > 120 euros 16 horas
- Curando co riso. Laura "Mandarina" Muñoz. Venres 11 e sábado 12 > 80 euros 12 horas
- Maxia Cómica. Mago Teto. Luns 14 e martes 15 > 100 euros 12 horas
Desconto de 50 euros para persoas inscritas nos 3 obradoiros antes do 30 de xuño (250 euros en total).
- Prazo de inscrición aberto até o 4 de agosto. Prazas limitadas. De cubrirse o cupo antes desa data, a organización resérvase o dereito a pechar o prazo.
Como inscribirse:
- Envía un correo co teu nome e apelidos, teléfono e correo electrónico e os obradoiros nos que desexas participar a info@festiclown.org. Para confirmar a túa participación, enviaráseche a indicación para realizar o ingreso do importe da matrícula, e será co envío do xustificante deste ingreso cando a praza estará reservada.
- Anulación da matrícula: de solicitares a baixa no obradoiro, sen xustificar motivos de forza maior e se non se ocupa esa praza reservada, perderías o importe da matrícula. Do mesmo xeito, de non realizarse a formación por parte da organización, o importe da matrícula seríache devolto.
Máis información no teléfono (0034) 981 582 836 e no correo electrónico info@festiclown.org
* As persoas participantes deberán ter polo menos 18 anos, ou contar coa aceptación d@ docente e permiso d@ nai/pai ou titor/a.
* Para que a formación teña lugar, debe cubrirse o cupo mínimo de prazas.
* Recoméndase a todas as persoas participantes vestir roupa e calzado cómodo.
* Por respecto ao/á docente e ao resto do alumnado, é imprescindible a puntualidade en todas e cada unha das sesións dos cursos. Neste sentido, a organización reserva para si o dereito de non permitir o acceso do alumnado ao curso unha vez iniciado, se así o indica o/a profesor/a.
* Os medios de comunicación e a organización poderán ter acceso controlado aos obradoiros, co coñecemento e consentimento previo das persoas participantes, para tomaren imaxes do mesmo.
O clown: do ridículo ao cómico. Antón Valén. Mércores 9 e xoves 10
Hai dous tipos de clown: o que se basea no que os individuos temos dentro e se proxecta desde nós, e os que toman o clown como personaxe. Antón Valén aposta polo primeiro, por traballar desde o ridículo, con autenticidade e personalidade, a través de xogos escénicos para que o alumnado descubra o seu clown interior. Ferramentas que traballan coa reacción dos demais, coa espontaneidade, coa escoita e a perda da vergoña, o medo, a timidez… Buscaremos o noso propio ridículo para chegar ao clown que somos.Antón Valén ingresa en 1993 como profesor de interpretación xestual e clown na Escola Superior de Arte Dramática de Murcia ataé 2002. Dirixiu a varias compañías teatrais de Comedia dell´Arte e Clown. Foi seleccionado por Slava Polunin para traballar como clown no espectáculo “Alegría” do Cirque du Soleil, co que realiza unha xira mundial durante cinco anos (2002-2007). Imparte cursos de clown, bufón e técnica actoral, tanto dentro como fóra de España. É o director artístico da Escola da Comicidade de Galicia e Tenerife formada en 2012 xunto con Iván Prado.
Curando co riso. Laura “Mandarina” Muñoz. Venres 11 e sábado 12
Breve introdución ao oficio de levarlles sorrisos aos nenos e nenas e ás súas familias nos hospitais. Un/ha pallas@ de hospital debe ter a vista, oido e olfato moi ben desenvolvidos para percibir o que necesita cada nen@. É un traballo personalizado, delicado e sutil. Abordaremos temas coma a empatía, a escoita, a improvisación e o xogo, e como empregalos dependendo da idade e características d@ nen@ e a súa familia, e do entorno hospitalarioLaura “Mandarina” Muñoz e clown e colabora como artista hospitalaria desde o 2008 coa Fundación Theodora en diferentes hospitais de Barcelona, Galicia e Madrid. Naceu en 1975 en Bos Aires, e licenciouse como actriz no Conservatorio de Arte Dramática. En 1999 tropeza co clown. No ano 2005 funda a compañía Mundo Mandarina, onde crea, actúa e produce os seus propios espectáculos combinando clown, maxia, títeres, monólogos e teatro físico, tanto para público infantil como adulto. Levou o Premio do Público da Mostra de Pallasos de Xirivella, ao Mellor espectáculo de Sala e Premio do Xurado no Festival Farándula de Gran Canaria, o Premio do Público do FAST de Torredembarra e o Premio do Público en Festiclown en 2009 e 2015.
Maxia Cómica. Mago Teto. Luns 14 e martes 15
Risa e asombro van unidos, ás veces, de modo case automático. As risas veñen automaticamente como descarga da tensión fisiolóxica que produce o asombro. Por iso van ás veces unidos risa e asombro. Por iso tan a miúdo os magos combinan maxia e comedia. E por iso, desde os comenzos dos tempos, a figura do mago aparece mesturada coa figura do bufón, coa figura do cómico, coa figura do titiriteiro e saltimbanqui festivos... Neste curso teórico-práctico, aprenderemos a aplicar o humor ao servizo da maxia para conseguirmos un maior efecto máxico, compostos por efectos máxica cómica e gags.O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia. Habitual na Televisión desde os seus inicios, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ten espectáculos de rúa (como “O Afilador”) ou de gran formato ("A Maxia da Santa Compaña" e "Os anos 80 vistos polo mago Teto") e todoterreos como os seus clásicos "Tolemaxias" e "Perto de ti". Organizador de festivales de maxia en diversas partes de España, Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.