en Vilagarcia. Agosto 2017
Poema de Juan Carballo e deseño de Óscar PiñeiroO cartaz deste ano, que se presenta con fondo azul, nace a partir dun pequeno poema do escritor local Juan Carballo que Óscar Piñeiro converteu nunha imaxe moderna e fresca.
Co convite a estes dous artistas locais, a Asociación Auga que Non Has de Beber procura, un ano máis, seguir construíndo unha Festa de carácter popular vinculada a Vilagarcía e ás súas xentes, e construída polos seus veciños.
Venda de camisolas, bolsas impremeables, etc, na Praza de Galicia a partir das 11 da mañá: Sábados 5 e 12 de agosto. Luns 14 e martes 15 en función de stock.
- Camisola 8 eur
- Bolsa impermeable 2,5 eur
- Mochila 3 eur
- Faldriqueira 5 eur
A Asociación Auga Que Non Has de Beber presentou a súa imaxe para esta XXVI
edición con deseño do artista Óscar Piñeiro sobre un poema de Juan Carballo
Vilagarcía de Arousa, 4 de agosto de 2017. A Asociación AUGA QUE NON HAS DE BEBER
presentou a imaxe da Festa da Auga para a súa vindeira edición o próximo 16 de agosto.
O cartaz deste ano, que se presenta con fondo azul, nace a partir dun pequeno poema do escritor
local Juan Carballo que Óscar Piñeiro converteu nunha imaxe moderna e fresca.
As camisolas da Festa da Auga 2017, dispoñibles en diferentes cores, estarán á venda ao público
en todas as tallaxes na Praza de Galicia, onde tamén se poderán encontrar bolsas impermeables e
outros útiles para desfrutar da Festa con toda precaución.
Co convite a estes dous artistas locales, a asociación promotora da Festa da Auga procura, un ano
máis, seguir construíndo unha Festa de carácter popular vinculada a Vilagarcía e ás súas xentes, e
construída polos seus veciños.
Recordamos que a Festa da Auga comeza ás 12.00 da mañá na capela de San Roque.
Invitamos a todo o mundo a participar nela e mollarse nas declaradas zonas húmidas, que
percorren Vilagarcía dende a mesma capela en San Roque até a Rúa da Baldosa.” Así mesmo
rógase respecto durante o paso de San Roque nos momentos previos ó comezo da Festa,
traducíndose en non tirar auga até que por volta das 12 da mañá o pregoeiro lance o primeiro
balde de auga, e respectar o cordón humano que acompaña á imaxe dende a Igrexa de Santa
Eulalia até a Capela de San Roque.
* Venda de camisolas na Praza de Galicia a partir das 11 da mañá: Sábados 5 e 12 de agosto.
Luns 14 e martes 15 en función de stock.
Sobre Festa da Auga
A FESTA DA AUGA nace nas rúas adxacentes á rúa da Baldosa o 16 de agosto de 1983 de
maneira espontánea, sendo no ano 1991 cando o Concello de Vilagarcía de Arousa dálle un
carácter “oficial” á mesma e convertindo esta data no día máis sinalado nas Festas Patronais de
San Roque.
Esta festa conta, dende os seu inicios, coa figura dun pregoeiro que arroxa o primer caldeiro co
que da comezo á Festa.
A Festa da Auga percorre co son de tambores, bombos, cánticos e ledicia as zonas declaradas
“húmidas” dende a Capela de San Roque ata a Rúa a Baldosa.
Sobre os autores:
Juan Carballo: naceu en Basauri (Bilbao) en 1981 pero con 10 anos chega a Vilagarcía, onde
continua vivindo. Confesa que nun principio a súa idea era regresar a Euskadi, pero despois da
adolescencia, comezou a involucrarse na realidade cultural e social de Vilagarcía e esa idea foise
diluíndo. Leva moitos anos publicando libros e creando espectáculos onde mestura a súa poesía
con música e referencias teatrais. A súa traxectoria convérteno nun dos artistas vilegos máis
representativos. Agora mesmo atópase a piques de publicar un novo disco-libro xunto ao coñecido
músico valenciano Manuel Tarancón.
Con respecto aos versos desta imaxe da Festa da Auga afirma que “son o reflexo de como me
sinto en Vilagarcía, nunha necesidade constante de manterme vivo e onde teño todo e a todos os
que necesito para ser feliz. Por iso, colaborar na popular Festa da Auga é para mín como apertar
un lazo que me une ao pobo e a vila”.
Óscar Piñeiro: natural de Vilagarcía, estudou Realización de Audiovisuais, disciplina desde que
camiñou até o deseño gráfico, arte dixital e 3D. Nestas facetas desenrolou múltiples traballos e
actividades, como a realización de vídeo-clips, deseño de portadas de discos ou a participación en
diferentes exposicións.
Para máis información e aportacións podes visitar
FESTA DA AUGA en Facebook:
https://www.facebook.com/augaquenonhasdebeber
FESTA DA AUGA en Twitter: @daauga
Contacto: festadaaugavilagarcia@gmail.com