10h en Vilagarcía. Inscripción previa. 25 junio 2017
Carreira solidaria Ladesol
A Fundación LADESOL organiza a II Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 25 de Xuño do 2017 na localidade de Vilagarcía de Arousa; baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.
Haberá dúas modalidades distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.
HORARIOS
10.00: Saída da categoría Benxamín masculino e feminino. (600m)10:05: Saída da categoría Alevín masculino e feminino. (875m)
10.15: Saída da andaina. (4.500m)
10.25: Saída da categoría Infantil masculino e feminino. (1.730m)
10.35: Saída das categorías Xuvenil e Cadete masculino e feminino. (1.730m)
10.50: Saída das categorías absolutas masculino e feminino. (10.000m)
12.10: Saída da categoría prebenxamín. (150m)
12.15: Saída da categoría pitufos. (100m)
LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída da andaina será dende o paseo do Porto Deportivo á altura dos minicines (Ruta de Senderismo do Concello)
A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio.
INSCRICIÓNS: A data límite para inscribirse on_line será o 21 de Xuño do 2017, a data límite para inscribirse no colexio será o 19 de Xuño.
Abriráse unha conta “DORSAL 0” para os que desexen participar e non poidan asistir ó evento. Tamén será posible realizar un donativo na propia inscrición á carreira.
TODO O RECADADO irá parar á Fundación LADESOL das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais realizarase no Colexio San Francisco o sábado 24 de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 e o mesmo día e lugar da proba dende as 9.00 ata media hora antes da proba.
PREMIOS
Os premios para a ANDAINA serán os seguíntes:
- Premio á mais Veterana que participen. (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
- Premio ó mais Veterán que participen. (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
Os premios para a CARREIRA serán os seguíntes:
- Categorías Pitufos, Prebenxamín, Benxamín medallas para todos os participantes.
- Categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil: Medalla para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
- Categorías absolutas: Trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
Inscripción: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/iii-carrera-solidaria-ladesol-corro-por-tu-sue%C3%B1o/8e6eb21f-7c1a-4c3c-92db-39df1a840f4d