en Vilagarcía. Entrada libre. lunes 1 mayo 2017
Festa dos Maios
A Igrexa (apoiada polas autoridades civís), como sucedeu con outras celebracións pagás, tentou prohibir esta festa. Como non puideron suprimila pola súa fonda arráigame popular, adaptárona ao calendario cristián. Os maios pasaron a ser a celebración da Santa Cruz, e a Igrexa acabou convertendo maio (de moitas celebracións pagás), no mes da virxe María.
En Galicia atópanse ata catro diferentes tipos de maios:
1.º Maios-ramos ou ramos de maio. Tense pola manifestación máis sinxela dos maios e consistía en recitar cantigas tradicionais, e en agasallarlle cun ramo de flores a quen daba un aguinaldo. Con seguridade facíanse en Queiroga (Lugo), Riós (Ourense) e mesmo se practicaban moi preto de aquí, en concreto, en Cambados.
2.º Maios humanos ou viventes. Eran persoas, normalmente nenos, cubertas con pólas e follas que adornaban con flores. Ás súas cantigas fáltalles crítica e basicamente cantan a eclosión primaveral e piden a cambio maiolas (castañas). Algúns deles rematan a súa vestimenta cunha cruz sobre a cabeza en sinal de estaren cristianizados. Na man acostuman levar un pau para defenderse e non deixar que lles rouben as maiolas outros nenos. Habíaos en Portomarín (onde aínda seguen vivos) Santiago, Ribadeo, Viveiro, Monforte de Lemos, Porto do Son etc.
3.º Maios figurados. Diferéncianse dos outros en que o maio é unha figura, normalmente, piramiforme ou coniforme. Hainos doutros tipos: coroas, cruces, caixas (da froita adornadas e levadas por cativos) e os que imitan figuras humanas ou construcións (destacan os de Ourense). A forma piramidal ou cónica levou os investigadores a identificaren estas formas, cóncavas-convexas, co concepto do principio e fin da vida. Os maios figurados fanse cunha estrutura de madeira recuberta con fento, flores, ovos, laranxas etc.. Nos grandes maios cónicos, en que o solista se introduce no maio para recitar, os rapaces dan voltas ao redor del cantando as coplas e levando o ritmo cuns paus. Son os máis estendidos e celébranse en Pontevedra (no seu museo hai coplas desde 1870), Ourense, Vilagarcía, Vilanova, Poio etc. Os barcos de maio son maios figurados, pero diferéncianse destes en que son pequenas embarcacións feitas de paus e cartóns e adornadas con bandeiriñas; póñense nun carro e son tirados por nenos. Son de pobos mariñeiros, e noutros tempos posiblemente se empregasen barcas auténticas. Hainos en Marín, Vilagarcía etc.
4.º As maias. Facíanas as nenas nas cidades. Eran de dous tipos: pagás, nas que non había nada relacionado co cristianismo (demostración da súa antigüidade), e cristiás, que tamén facían uso das flores, pero as coplas, adornos etc. estaban impregnadas do cristianismo. Adoitaban montar un altar nunha praza e solicitar diñeiro para algún santo, ou percorrían as rúas cuns arcos florais recollendo os
aguinaldos
01may
mayo 2017