Inscripción hasta el 17 junio/
INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO
Do 18 de xuño ao 31 de decembro recolleranse as reservas para a segunda quenda do ano
Os maiores interesados en gozar da primeira quenda dos plans de vacacións que organiza o Imserso dispoñen de prazo ata o día 17 de xuño para tramitar as súas solicitudes. A Área de Persoas Maiores do Concello informa de que o programa de Turismo Social para a temporada 2016/17 xa está en marcha e prevé, salvo as excepcións sinaladas, estancias en réxime de pensión completa en zonas costeiras e de interior de todo o territorio nacional con duracións que van entre os 4 a 14 días e prezos que oscilan entre os 91 e os 585 euros.
As estancias en zonas costeiras para descanso e relax poden facerse tanto en destinos peninsulares( Andalucía, Cataluña, Murcia e comunidade Valenciana) como nas illas (Illas Baleares e Canarias). O programa de turismo interior inclúe circuítos culturais, turismo de natureza e viaxes a cidades de interese artístico e cultural por distintas zonas do territorio nacional, capitais de provincia e Ceuta e Melilla.
O programa de Turismo Social do Imserso inclúe viaxes de ida e volta no medio de transporte programado dende a respectiva capital de provincia (excepto na modalidade sen transporte), aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir. No caso de elixir habitación individual, o beneficiario deberá aboar un suplemento. O programa tamén inclúe póliza de colectiva de seguros, servizo médico complementario ao da Seguridade Social no propio hotel e programa de animación.
As quendas de turismo de natureza, circuítos culturais e viaxes a cidades non inclúen non servizo médico complementario nun programa de animación, e os viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.
Os interesados en solicitar praza ou recibir máis información poden facelo nas dependencias de Persoas Maiores, no Concello. Para participar na segunda quenda deste programa o prazo de solicitude abrirase o 18 de xuño e manterase ata o 1 de decembro.