en Parque Miguel Hernández y Salón García. Viernes 3 Junio 2016, 17:00h y 21:30h/
ACTIVIDADES E ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS AO DEPORTE
O PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ ÉNCHESE DE ACTIVIDADE ESTE VENRES CON MOTIVO DA FESTA DO DEPORTE
Entre as cinco e as oito da tarde haberá actividades físicas e deportivas nas que poderá participar de balde nenos e adultos de calquera idade
A Fundación de Deportes organiza estes actos como previa á entrega dos premios do deporte que terá lugar ás 21:30 horas non Salón García
A Fundación Municipal de Deportes organiza este venres, 3 de xuño, a festa do deporte Local e con motivo desta celebración invita a todos os vilagarciáns a gozar dunha tarde practicando ou contemplando as diversas actividades que se desenvolverán no Parque Miguel Hernández e na Praza da II República. Nenos e adultos sen límite de idades poderán participar nas sesións dirixidas polos monitores da Fundación e que servirán de antesala á entrega do Premio ao Mellor Deportista Local que terá lugar as 21:30 horas no Salón García.
A partir das cinco da tarde, os corredores e a praza do Parque Miguel Hernández, así como a Praza da II República irán acollendo as diversas actividades organizadas pola Fundación para festexar o día do deporte local e animar a todos os vilagarciáns a realizar actividade física de forma lúdica e para mellorar a saúde. ´
Todas as actividades serán de balde e para todos os sectores de idade posto que haberá dende inchables opara os máis cativos a xogos predeportivos con pelota, xogos con materiais alternativos, xincanas de xogos populares e xincana de xogos de habilidade. Ademais, haberá sesións de zumba e actividades de esgrima, rugby e xadrez ofrecidas polos clubs que colaboran coa Fundación nas respectivas escolas Municipais: O Club de Esgrima Vilagarcía, Os Ingeses e o Club Xadrez Fontecarmoa.
As actividades na rúa prolongaranse ata ás oito da tarde para dar tempo aos interesados a asistir ao acto de entrega dos premios da XXVI Festa do Deporte Local, cuxo acto central terá lugar a partir das 21:30 horas no Salón García. A entrada é libre.
No acto institucional coñecerase o nome do Mellor Deportista Local da temporada, galardón ao que aspiran o ciclista Gustavo César Veloso; o padexeiro, Diego Romero; o triatleta veterano Andrés López; o xadrecista Julio Suárez e a ultrafondista, Cristina González.
No acto tamén se entregarán as mencións Especiais a Montserrat Gilabert Avante, xogadora capitana do AD Cortegada durante as 10 últimas tempadas e adestradora en categoría de formación do club; a Araceli Bugallo, adestradora do Club Esgrima Vilagarcía; a Deportes Rodas, pola súa colaboración con distintos clubs de Vilagarcía así como con eventos que se organizan no Concello, ao Comité organizador do XII Memorial Miguel Ángel González de Baloncesto infantil e a Gonzalo Sánchez, redactor deportivo do Diario de Arousa.
VELOSO, DIEGO ROMERO, ANDRÉS LÓPEZ, JULIO SUÁREZ E CRISTINA GONZÁLEZ, FINALISTAS A MELLOR DEPORTISTA LOCAL
Recibirán Mencións Especiais a capitana do AD Cortegada, Monserrat Gilabert; e a adestradora do Club Esgrima Vilagarcía, Araceli Bugallo
Os cinco finalistas teñen no seu haber importantes éxitos deportivos acadados na temporada 2014-15 e durante o resto do ano 2015 que son os períodos a avaliar nesta XXVI Festa do Deporte de Vilagarcía.
Gustavo César Veloso – CICLISMO: Gañador da Volta a Portugal (vencendo en dúas etapas) e gañador do Tour a Río (vencendo nunha etapa)
Diego Romero Fraga – PIRAGÜISMO: 3º no Europeo sub 23 en C1 1000 m; Campión de España en C1 1000 m; Campión na Copa de España nas modalidades C1 e C2.
Andrés López Torres – TRIATLÓN: Campión Galego de Veteranos 2 en duatlón e triatlón; Campión de España por grupo de idade (G50 - 54M) en triatlón sprint e Campión de España de acautlón (G50-54M).
Julio Suárez Gómez – XADREZ: 3º clasificado na liga de D.H:; 1º no Cto. España sub 18; Participou no Cto. do Mundo individual; Campión Galego de Xadrez relámpago; 5º no Cto. de España por equipos 2ª división (empatado co 2 clasificado); 5º clasificado no Cto. de España sub16 por equipos.
Cristina González García – ATLETISMO: (Récord Nacional de 6 horas/75 Km.; Vencedora das 12 horas del Bislett International Indoor Endurance Festival de Oslo con 124,971 km, nas 6 horas de Barcelona con 75,370 km, e na Maratón de Murcia, de Torrevieja, Pilar de la Horadada).
Cinco Mencións Especiais:
Ademais do Premio ao mellor Deportista Local, a Fundación de deportes tamén entrega distincións a técnicos, empresas, xuíces deportivos, ou colectivos que teñan destacado pola súa traxectoria deportiva ou de promoción do deporte. Neste caso, o xurado decidiu conceder Mencións Especiais nas categorías de:Traxectoria: a Montserrat Gilabert Avante, xogadora capitana do AD Cortegada durante as 10 últimas tempadas e adestradora en categoría de formación do club.
Técnico: a Araceli Bugallo (esgrima), adestradora do Club Esgrima Vilagarcía.
Empresa: a Deportes Rodas, pola súa colaboración con distintos clubs de Vilagarcía así como con eventos que se organizan no Concello.
Comité organizador de evento deportivo: á XII Memorial Miguel Ángel González de Baloncesto infantil.
Medios de Comunicación: a Gonzalo Sánchez, redactor deportivo do Diario de Arousa.
Participa Club Olimpic de Taekwondo