Visita en Conservatorio. Martes 7 junio 2016, 16:45/
FEI FEI DONG FAI ESCALA NO CONSERVATORIO DE VILAGARCÍA ANTES DO SEU DEBUT NO AUDITORIO NACIONAL DE MADRID
A prestixiosa pianista chinesa participa mañá nun coloquio-recital con alumnos do centro de ensino musical e do IES Armando CotareloOs alumnos do Conservatorio Municipal e do IES Armando Cotarelo Valledor teñen mañá unha oportunidade de participar nunha actividade educativa moi especial xa que terá como protagonista a unha das pianistas de maior proxección internacional do momento. Trátase da chinesa Fei Fei Dong, que goza duns días de descanso en Vilagarcía antes do debut que realizará o xoves no Auditorio Nacional de Madrid.
A exclusiva actividade á que poden asistir os alumnos do Conservatorio e do Armando Cotarelo terá lugar mañá martes, 7 de xuño, a partir das 16:45 horas, no Auditorio e consistirá nun coloquio-recital que terá unha duración aproximada dunha hora. O acto permitirá ao alumnado de ámbolos dous centros coñecer de preto a unha das pianistas chinesas de maior proxección na actualidade, unha virtuosa que ademais de atender ás preguntas dos rapaces, interpretará algún dos fragmentos do repertorio que tocará no o xoves no Auditorio Nacional de Madrid no marco do ciclo de concertos da Fundación Excelentia, un dos máis importantes e prestixiosos do noso país. Os alumnos vilagarcián poderán intercambiar impresións con Fei Fei Dong en relación ao mesmo, a súa formación e estudos, así coma que poidan coñecer de primeira man como é hoxe en dia a vida dunha intérprete desta categoría.
FEI FEI DONG, piano
Eloxiada polo seu "enorme talento eas súas apaixoadas interpretacións musicais" (The Plain Dealer), a pianista china Fei-Fei Dong ten sido a gañadora la Elmaleh CAG Victor 2014 Competition, e unha das seis finalistas da prestixiosa 14ª Van Cliburn Piano Competition. Hoxe en dia segue a construír unha moi valorada reputación polas súas interpretacións poéticas, das que goza moito todo o público pola "paixón, tenrura e gran presenza escénica" (Dallas Morning News)Fei Fei ten realizado esta primavera o seu debut no lendario Carnegie Hall neoiorquino con gran éxito de público e crítica.
Fei Fei viaxa directamente dende Pekin, onde acaba de tocar na Gala organizada polo Ministerio de Cultura do seu país e ten sido aclamada como unha das principais "10 pianistas chinas máis brillantes da actualidade"lo que lle permitirá realizar numerosas xiras de concertos e recitais ao longo do próximo ano en China. Fei Fei tocará en Vilagarcía fragmentos de obras de W. A. Mozart, F. Chopin e F. Liszt.