ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN QUE INCLÚEN MULTIDEPORTE, PATINAXE E REMO
ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN
O trámite debe facerse nas dependencias da Fundación (en Fexdega) entre o 6 e o 27 de xuño (ata o 22 de xuño no caso da actividade de remo) . 12€ un mes, 18€ os dous meses
Para nenos nados entre 2002-2009. Actividades do 4 xullo ao 27 agosto 2016
Escola multideportiva 2 días a semana, 1 hora 30 min na praia Compostela
Patinaxe 1 día a semana, 1hora e 30 min en Fexdega
Desenvolveranse os meses de xullo e agosto
A Fundación Municipal de Deportes abriu hoxe o prazo de inscrición nas actividades deportivas de verán para nenos e nenas. Este ano recupérase a Escola de Remo e ademais impartirase Multideporte e patinaxe en liña. As inscricións poden tramitarse nas dependencias de Fexdega ata o 22 de xuño no caso de remo e ata o 27 nas outras. S actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto.As escolas de multideporte e patinaxe están destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2009. As actividades multideportivas celebraranse nas praias da Concha Compostela dous días á semana en horario de mañá e con sesións de hora e media de duración cada día. As clases de patinaxe serán un día á semana, tamén cunha duración de hora e media, e celebraranse no recinto de Fexdega en horario de mañá (de 9 a 14 horas). A inscrición nestas dúas actividades pode facerse para un mes ou para ous dous, sendo a cota xeral de 12 euros por un mes e de 18 para os dous. Aplicaranse as bonificacións que correspondan e que figuran no formulario que se pode imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal, sendo totalmente de balde para os posuidores do carné da Fundación.
A Fundación organiza a Escola de Remo coa colaboración do Club de Remo Vilaxoán, cuxos monitores serán os encargados de impartir a actividade destinada a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2006 co requisito de que saiban nadar. Ofértanse 30 prazas. A actividade desenvolverase na Praia de Vilaxoán un día á semana,. Neste caso o curso completo impartirase do 27 de xuño ao 28 de agosto pola cota única de 12 euros. Tamén serán aplicables as bonificacións que correspondan. As inscricións tamén deben presentarse en Fexdega de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.