Formación en Asoc. O Núcleo, Praza de Galicia. Inscripción hasta el 27 Junio, 50 plazas/ Curso del 11 al 15 Julio y del 18 al 22 Julio 2016/
CAMPAMENTO TECNOLÓXICO PARA MOZOS DE 15 A 35 ANOS
Recibirán formación en tecnoloxías emerxentes como aplicacións móbiles, robótica, GPS ou programación
Campamento Tecnolóxico destinado a mozos e mozas de 15 a 35 anos de idade. Trátase dunha actividade gratuíta onde os participantes recibirán formación práctica sobre o uso de tecnoloxías emerxentes como aplicacións móbiles, robótica, programación ou GPS, co fin de que as poidan aplicar ás súas actividades laborais, sociais ou de ocio. 50 prazas
O primeiro campamento, para un grupo de 25 usuarios, desenvolverase durante a semana do 11 ao 15 de xullo en horario de 10 a 15 horas; mentres que o segundo será a seguinte semana, do 18 ao 22 de xullo, co mesmo horario. As sesións impartiranse en dependencias municipais e na sede da asociación sen ánimo de lucro O Núcleo, cuxos membros son os encargados de impartir as actividades que inclúen obradoiros, saídas prácticas á cidade e charlas de profesionais.
Os formularios deben presentarse debidamente cubertos ata o 17 de xuño no Rexistro xeral do Concello. A lista de admitidos publicarase o 27 de xuño.

Formularios inscripción: