Deporte en las calles. Domingo 5 junio 2016, 12:00h. Entrada libre/
XVIII MARATON AUTONOMICO URBANO VILAGARCÍA - SPECIAL OLYMPICS 2016
O departamento de tráfico da Policía Local de Vilagarcía está traballar no dispositivo para a celebración do XVIII MARATON AUTONOMICO URBANO VILAGARCÍA - SPECIAL OLYMPICS 2016, prevista para o domingo 05/06/2016, a partir das 12:00 horas, e que afectará ás seguintes rúas:
Avenida da Mariña (saída)
Avenida José María Rivero de Aguilar
Rúa Valle Inclán
Avenida da Mariña (meta)
*Tamén se verá afectada a Rúa Elpidio Villaverde para probas inferiores.
Avenida José María Rivero de Aguilar
Rúa Valle Inclán
Avenida da Mariña (meta)
*Tamén se verá afectada a Rúa Elpidio Villaverde para probas inferiores.
Foron colocados carteis informativos nas rúas afectadas informando da prohibición de estacionar vehículos, e solicitando a súa retirada antes das 08:00 horas.
Os peches de tráfico realizaranse en torno ás 11:45 horas, agás na Avenida da Mariña, que por necesidades da Organización quedará pechada sobre as 09:00 horas.
Está previsto que o tráfico quede restablecido a partir das 14:00 horas, agás na Avenida da Mariña, que poderá permanecer pechada por necesidades da organización ata a finalización dos actos de entrega de trofeos e clausura.
As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico rodado durante o transcurso da proba, estando restrinxido o acceso e saída de vehículos dos vaos permanentes.
Os itinerarios do transporte público urbano veranse afectados no seu percorrido nas liñas a Carril e Vilaxoán.
RECOMENDACIÓNS:
Utilice os estacionamentos periféricos: Día-Lidl e Fexdega (traseiro e dianteiro). Evite utilizar o vehículo para itinerarios urbanos.
Para vehículos en tránsito recoméndase a utilización das vías de circunvalación (N-640, e VG-4.7).
Os residentes e usuarios das rúas do itinerario deberán prever as súas chegadas e saídas, para evitar a coincidencia co horario da proba. En caso de urxente necesidade diríxase ao Policía ou Voluntario máis próximo, ou chame ao 986501582 (Policía Local de Vilagarcía) para solicitar un posible itinerario de saída.
Manteña os nenos á vista. Evite que invadan o itinerario da competición. Lémbrelle, que en caso de perderse, poden dirixirse a un Policía.
Nas aglomeracións, vixíe os seus enseres.
A POLICÍA LOCAL DE VILAGARCÍA traballa pola súa seguridade. Siga as súas indicacións e colabore cos membros da Organización, e cos voluntarios que participarán no evento.
Grazas pola súa colaboración.