As solicitudes poden presentarse ata o 16 de xuño e posteriormente publicaranse as celebracións autorizadas/
O CONCELLO PUBLICA O BANDO INFORMATIVO SOBRE AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
As persoas e colectivos que vaian a realizar cachadas deben presentar permiso no Concello
O trámite pode realizarse xa no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas ata o 16 de xuño, incluído.
Na solicitude de autorización de cachada debe constar, como mínimo, unha persoa responsable da cachada, identificada con nome, número do carné de identidade, dirección, teléfono e copia do DNI. A lista das fogueiras autorizadas polo Concello publicarase na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello o 23 de xuño.O Concello de Vilagarcía acaba de publicar un bando para informar a cidadanía sobre o procedemento a seguir para solicitar permisos para as cachadas de San Xoán e San Pedro, así como sobre os requisitos de seguridade e limpeza que se deben cumprir. A solicitude de permiso debe presentarse no Rexistro do Concello, dispoñendo de prazo os interesados ata o día 16 de xuño.
O bando informa dos requisitos de obrigado cumprimento por parte dos organizadores das fogueiras, obrigas coas que se pretende garantir a seguridade nas celebracións. A fogueira terá un perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro de altura, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e de que estea lonxe de zonas arboradas, así como de que nos arredores non exista ningún local lo que se almacenen produtos inflamables. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas material contaminantes ou perigosos, como pneumáticos, aerosois, etc...
Para garantir a seguridade e atallar posibles incidencias, deberá disporse de material para a extinción do lume, tal como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala en auga. Ademais, con exceso de vento non se poderá prender a fogueira.
A maiores destas normas de seguridade, as fogueiras autorizadas nas praias deberán cumprir tamén o requisito de instalarse respectando os 6 metros de servidume de paso dende a liña de preamar ou marea alta e separadas a mesma distancia dende o bordo do pavimento do paseo, tal como se recolle na ordenanza reguladora do uso das praias.
No caso de que se teña intención de realizar a cachada na beirarrúa ou en calquera outro espazo público, ademais de cumprir os requisitos xa mencionados, deberá solicitarse un permiso de ocupación da vía ou espazo público, protexendo o pavimento con placas de ferro, area ou material similar que evite danalo e debendo deixar a zona limpa unha vez rematada a fogueira.
Prazo, documentación e autorizacións
O trámite pode realizarse xa no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas ata o 16 de xuño, incluído. Na solicitude de autorización de cachada debe constar, como mínimo, unha persoa responsable da cachada, identificada con nome, número do carné de identidade, dirección, teléfono e copia do DNI. A lista das fogueiras autorizadas polo Concello publicarase na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello o 23 de xuño.Aquelas cachadas que non fosen autorizadas, ou para as que non se presentase solicitude previa, non poderán levarse a cabo, quedando encargados os servizos municipais de impedir o seu desenvolvemento. Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía inspeccionarán as fogueiras que obteñan permiso a efectos de verificar o cumprimento das normas de seguridade.