SEMINARIO SOBRE A TERCEIRA PLATAFORMA
Martes 24 Noviembre 2015, 9:30h a 13:30h, en Centro de Formación Permanente de Matosiños.
Abordarase a transformación que sofren os negocios cos avances tecnolóxicos da última fase da evolución das ItsA Area de Emprego da Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía de Arousa en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), desenvolverá un seminario sobre a Terceira Plataforma aplicada ao mundo laboral e da empresa. Trátase dunha actividade gratuíta á que se poderán anotar 20 persoas. Impartirase no Centro de Formación Permanente de Matosiños a través de videoconferencia.
As persoas interesadas en participar no seminario poderán recibir información sobre a inscrición persoalmente ao Centro de Formación Matosinhos ou telefonicamente no número 986 51 16 21.
A sesión realizarase no Centro de Formación Matosinhos (Avda. Matosinhos nº1) a través de vídeo conferencia desde as instalacións do CNTG.
A Terceira Plataforma (Third Platform) supón a seguinte fase do desenvolvemento das IT (Tecnoloxías da Información) e refire un novo estadio da evolución tecnolóxica que pousa os seus alicerces sobre o auxe de catro tendencias: mobilidade, cloud, social business e big data. Basicamente conducirá a un novo escenario de negocio onde as oportunidades virán da man da innovación e a colaboración.
O obxectivo deste seminario consiste en presentar como estas novas tendencias xeran cambios que se reflicten nas TI, teñen consecuencias na transformación dos negocios e os avances tecnolóxicos que se redefinen para responder aos novos retos.
O relator da xornada será Alejandro Giménez, CTO (Chief Technology Officer) de EMC España, compañía á que se incorporou en 1998 e na que desenvolveu unha traxectoria fundamentalmente ligada ao ámbito da tecnoloxía como enxeñeiro de sistemas.
A axenda de contidos a tratar será a seguinte:
Introdución:
A terceira plataforma. O universo dixital. A transformación dos negocios
Ciclo de datos. Analíticas. Aplicacións
Cloud:
Infraestruturas cloud. Nube privada, pública e híbrida
Obxectivos: tradicional, IaaS, PaaS, SaaS
Compoñentes. Data Center definido por software
Mobilidade e social business
Novos usuarios de negocio. Balance innovación/control
Big Data / Data Lake:
Crecemento dos datos. Explotación. Cambios de paradigma
Ciclos de vida. ETL vs ELT. O valor do tempo real
Silo de datos vs Data Lake
Base do Data Lake / infraestrutura. Data Lake / Estrutura software
As novas aplicacións:
Aplicacións enterprise vs cloud nativas
Open source
Waterfall vs Agile
Plataforma as a service
Relación coas infraestruturas cloud e data lake