PLÁNTATE NA RÚA!.ACTIVIDADE ESCOLAR DE CONCIENCIACIÓN CÍVICA E URBANA
Noviembre 2015 en Vilagarcía.
MÁIS DE 700 ESCOLARES "PLÁNTANSE NA RÚA" PARA AXUDAR AO CONCELLO A ORNAMENTAR A VILA DE CARA AO NADALA actividade forma parte do programa da Concellería de Educación para promover o civismo e o coidado dos bens e mobiliario público
Tras unha sesión explicativa no Auditorio, a partir das 11:30 repartiranse polo centro co persoal de Xardíns para plantar especies decorativas
A iniciativa cos nenos pretende dar exemplo a toda a sociedade e evitar a acción de desaprensivos que rompen e arrancan as plantas que o Concello adquire con cartos que poñemos todos cidadáns
O programa "Plántate na rúa" deseñado pola Concellería de Educación para promover comportamentos cívicos e o respecto dos bens públicos entre os escolares contou cunha excelente acollida por parte dos centros educativos. Todos os colexios tomar parte da experiencia que comeza mañá e na que tomarán parte máis de 700 alumnos de 8 e 9 anos.
A primeira xornada do "Plántate na Rúa celébrase mañá e nela participan 450 nenos e nenas dos colexios máis céntricos: San Francisco, Sagrada Familia, Arealonga, A Lomba e Anexo A Lomba, A Escardia e o Centro de Educación Especial. A actividade comeza no Auditorio ás 10:30 horas cunha breve sesión informativa na que os técnicos de Educación do Concello explicarán con exemplos prácticos moi recoñecibles, mediante diapositivas de casos das nosas rúas, o estado de deterioro de marquesiñas, sinais de tráfico, bancos, contedores de lixo, maceteiros... debido a efectos do vandalismo e de actitudes incívicas. Con isto preténdese que os nenos teñan unha actitude crítica respecto a este tipo de accións e que entendan que "o que non é de ninguén, é de todos", é dicir, que o que o Concello pon nas rúas, cústanos cartos a todos os vilagarciáns, por iso é necesario coidalo e axudar a que as cousas duren o máximo posible.
Tras esta exposición, os nenos e nenas participarán na actividade práctica que da título ao programa "Plántate na Rúa" e que consistirá en acompañar ao persoal de xardíns en distintos puntos da cidade para participar nos traballos de ornamentación floral previos á campaña de Nadal. Os cativos, plantarán plantas e arbustos decorativos e recibirán información sobre os coidados que deben darse a cada planta.
Esta actividade comezará sobre as 11:30 horas nos cinco puntos entre os que se repartirá o alumnado: Beirarrúas da contorna da Praza de Xoán XXI (Colexio da Escardia e Centro de Educación Especial), Ponte de Vista Alegre e paseo posterior da praza de Abastos (Sagrada Familia), Rúa Rey daviña (Arealonga, A Lomba e Anexo), Arcebispo Andrade (San Francisco).
As concellerías de Educación e Medio Ambiente colaboran na posta en marcha desta orixinal programa educativo para concienciar a poboación infantil e, por extensión, a toda a cidadanía, sobre a necesidade de respectar e coidar os bens públicos. Aproveitando a campaña anual de ornamentación de rúas que o Concello pon en marcha de cara ao Nadal, preténdese que os escolares sintan como propias as plantas que se colocan, así como desanimar aos desaprensivos que as arrancaban tan pronto como eran colocadas.
"Os nenos teñen que entender o público como algo propio". Con estas palabras o concelleiro de Educación, Argimiro Serén, presentou o proxecto co que se pretende que os cativos coiden e axuden a manter en bo estado o mobiliario urbano e os bens públicos, "do mesmo xeito que coidan os mobles da súa casa ou as súas cousas".
O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, confía en que a actividade non serva só para educar aos adultos do futuro, senón tamén aos do presente, xa que espera que os nenos e nenas trasladen as condutas cívicas as súas contornas familiares e de amizade, dando exemplo e chamando a atención para que se sigan estas pautas de coidado e respecto do público, así como rexeitando a actitude dos desaprensivos que se gaban de ter cometido algún acto vandálico.
A semana que ven repetirase a actividade nos colexios de Vilaxoán, Carril, Rubiáns e O Piñeiriño.