Del 05/10/2015 al 05/11/2015 en Sala Exposicións Auditorio. Entrada 1€.
GALICIA POLO MIUDO: MOSTRA ETNOGRÁFICA
ILUSTRA AS COSTUMES E TRAXES TÍPICOS DE GALICIA CON BONECAS NO AUDITORIO. A Asociación Galega de Linfedema organiza a exposición etnográfica que se poderá visitar a partir do luns
A sala de exposicións do Auditorio acolle a partir do luns, 5 de outubro, unha curiosa mostra etnográfica protagonizada por bonecas. Os pequenos maniquíes vestirán través típicos galegos e representarán diversas escenas da vida cotiá e as costumes autóctonas.
A ideóloga desta orixinal iniciativa é a Asociación Galega de Lindefema que organiza a mostra co obxectivo de divulgar a cultura e etnografía galegas de forma vistosa e lúdica e de recadar algúns fondos para financiar as actividades que desenvolve o colectivo de atención a persoas afectadas por lindefema.
A exposición poderá visitarse en horario de tarde (de 17 a 21 horas) dende o luns 5 de outubro ata o 5 de novembro. Co obxectivo de obter fondos para a causa, a asociación estableceu un donativo de 1 euros como entrada á mostra que se integra dunha extensa exposición de bonecas. A entrada da dereito á participación no sorteo final no que se rifará unha das bonecas entre os asistentes.
[#ExpoVGA, #Solidaridad] [Octubre] [2015] [05/10/2015-05/11/2015] [Sala Exposicións Auditorio] [Entrada 1€]