¡VIVAN LOS NIÑOS!
Domingo 15 de marzo, 18:00h, teatro infantil en Auditorio.
Entrada desde 10€
¡Vivan los niños! nace da ilusión por crear algo único que recolla os nosos mais preciados valores: o respecto, a igualdade, a amizade.El grupo La Guagua por fin ve cumplido su sueño: que todos los niños y niñas puedan disfrutar de sus canciones a través del espectáculo musical participativo ¡Vivan l@s niñ@s! Han organizado un concierto para presentar su nuevo disco ‘Donde diga el corazón’, compuesto por 15 canciones originales que hablan de igualdad, valores, positivismo vital y sueños que se hacen realidad, pero sus ayudantes, los payasos Hada y François, deseosos de participar en el espectáculo, desencadenan toda una serie de acontecimientos sorprendentes.
Si quieres disfrutar de su música original y sus aventuras, ¡prepárate para soñar!, y sumérgete en este inolvidable espectáculo musical junto con nuestros personajes Hada, François, Monsterchef, el Capitán Desastre y los integrantes del grupo La Guagua.
¡Vivan los niñ@s! Ha sido premiado como “Mejor musical infantil ” en los Premios Broadway World 2014.
info: www.dondedigaelcorazon.es
facebook: La Guagua Donde diga el corazón.
Suscríbete a Arousa TV por correo
LA GUAGUA REPRESENTA NO AUDITORIO O MELLOR MUSICAL INFANTIL DE 2014
"¡Vivan los niños!" é un espectáculo multidisciplinar no que a combinación de música de todos os estilos, teatro, danza e audiovisuais crean un ambiente únicoOs nenos de ata 2 anos entran de balde, aínda que con entrada para controlar o aforo
As localidades custas 10 euros en servinova (máis custos de xestión) e 12 na billeteira o día da función
O público familiar e especialmente os nenos e nenas terán o domingo unha atractiva oferta cultural para pasar unha animada tarde no Auditorio. Trátase de "¡Vivan los niños!", o espectáculo que o ano pasado obtivo os galardóns de Mellor Musical Infantil e o Mellor deseño de don nos Premios Broadway World 2014. O grupo La Guagua interpreta o divertido musical no que cancións, baile e audiovisuais compoñen un todo moita calidade.
¡Vivan los niños! Nace da ilusión dos compoñentes do grupo la Guagua de crear algo único que, ademais de divertir ao público infantil, recollese valores tales como o respecto a igualdade entre homes e mulleres, a amizade, a animación á lectura... co obxecto de facerllos chegar aos cativos a través da música e o teatro.
Trátase dun espectáculo interdisciplinar no que o canto, a danza clásica, o hip hop, as proxeccións audiovisuais e os elementos escenográficos danse cita para crear un ambiente único que fará gozar a toda a familia.
Durante os 100 minutos que dura o espectáculo, La Guagua traslada ao público a un mundo de ilusión e fantasía, no que todo é posible e os soños fanse realidade. Todo, grazas ao poder evocador das cancións sobre as que se articula o espectáculo.
Sinose:
O grupo La Guagua ve por fin cumprido o seu sono de gravar un disco, e para presentalo a todos os nenos e nenas, organizan un gran concerto. Todo parece ir sobre rodas ata que aparecen François, un afamado pallaso do Circo de París, e a súa acompañante, a simpática Payasa-Hada. A intervención destas dúas personaxes fan que as cousas non salgan como estaban previstas.
Payasa-Hada é unha fervente admiradora de La Guagua e soña con formar parte do seu espectáculo, así que non dubida en coarse nel. En busca de protagonismo, François e Payasa-Hada conxelarán e hipnotizarán aos integrantes de La Guagua ... e isto trae unhas consecuencias terribles para o espectáculo.
Todo mellorará grazas á aparición en escena do Capitán Desastre e de Monster Chef, que axudarán aos protagonistas a espertar da hipnose e a combater os efectos da mesma.
As entradas para o espectáculo pódense adquirir con antelación a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. O prezo en venta anticipada é de 10 euros máis custes de xestión. Tamén se poderán adquirir na billeteira do Auditorio o mesmo día da función a 12 euros.
Os nenos de ata dous anos de idade poderán entrar de balde, aínda que será preciso que conten con entrada a efectos de garantir que conten con butaca e para controlar o aforo. Poden reservar a localidade tamén a través de servinova pagando unicamente o 1,60 euros dos custes de xestión.