RUTA DAS TAPAS E MENÚS DA CAMELIA
Viernes 13 a domingo 15 de Marzo
Este fin de semana, coincidindo coa celebración da Exposición Internacional da Camelia, temos en Vilagarcía unha Ruta especial de tapas e menús da camelia.Ruta das tapas prezo da tapa 1,5€
MUSGOJapónica Gigentae (Atún vermello con arroz e aceites aromáticos)
MINICENTRAL
Polo en cama de camelias con uvas
XOXE'S
Tartaleta de crema de cachelos con gulas e polbo á
galega con infusión de pétalos de camelia
LA BALDOSA
Pemento recheo de carne e bechamel con reducción de aceite de camelia
LA MALQUERIDA
O xato repousa baixo o camelío (Filetiño de vaca vella en cama de arroz ao curry con ensalada de follas)
D'MARIA
Ovo frito con zorza, bacon e patacas fritas
LA PARRA
Tartar temperado de atún vermello e potbo con confitu ra
de camelias e flores botánicas
DOÑA TAPA
Po1bo á brasa
OS ARCOS
Tosta de xamón con tomate, atún e piquillo floreado
DERBY
Táboa oriental da Ria, as tres vieiras (en tempura, encurtida e curada)
CASA SUMAY
Presa ibérica de porco ibérico con patacas panadeira e salsa forestier
Menús da Camelia
ASADOR MARTlSPolbo á galega ou gambas á prancha./ Carrilleira de tenreira ao viño tinto ou rodabalo á prancha./ Filloas recheas de chocolate (inclúe pan, viño ribeiro ou mencía e café) 16€
RISTORANTE DA PINO
Ensalada de tomate con mozzarella ou Tortellini de carne á napolitana ou Provolone gmtinado sobre
tomate/ Escalopes de tenreira en salsa de cogumelos ou Pizza de xamón e champiñóns ou Pene da nonna gratinado ao lomo/ Copa xeada de primavera (inclue pan, unha bebida e café) 16,5€
PAZO RIAL
Ensalada Primavera con aliño de aceite aromático de camelia./ Solomillo de porco con pastel cremoso de pataca e pétalos cristalizaclos./ Mousse Flor de Arousa./ (inclúe pan, bebidas. café e licores galegos) 18€
CHURRASCO A RÍA
Cazola de poloo, gambas e gulas ao ajillo./ Churrasco de Angus./ Xeado./ (inclúe pan, viño Ribeiro e
calé) 20€
PLÁClDO
Tosta de lacón á feira con queixo de Arzúa gratinado salteado de polbo e langostinos ao albariño con
escuma de pataca./ Secreto de porco á pementa rosa con patacas especiadas./ Cremoso de arroz con
xeado de doce de leite./ (inclúe pan, bebidas e café) 25€
O FOGON DA RÍA
Croqtuetiñas caseiras de marisco./ Pementos do piquillo recheos de marisco con cobertura de bechamel./ Lubina da Ria de Arousa á améndoa./ (inclúe pan, postre caseiro e café) 30€
Os hostaleiros de Vilagarcía súmanse esta fin de semana á celebración da Camelia cunha ruta de tapas e unha oferta de menús especiais
Once locales ofertarán dende o venres pola tarde outras tantas tapas especiais, todas ao prezo de 1,5€, e seis restaurante propoñen menús que van dende os 16 aos 30 euros
Ahituvi, Vilagarcía 12 de marzo de 2015- O obxectivo non é outro que intentar que os miles de personas que esta fin de semana se achegarán a Vilagarcía para visitar a Exposición Internacional da Camelia conten cun atractivo adicional de xeito que opten por quedarse despois na cidade e coñocer e disfrutar da hostalería local.Con esa idea, e en colaboración co Concello de Vilagarcía, Ahituvi organizou unha ruta das tapas da Camelia e unha oferta de menús especiais na que participan once taperías e seis restaurantes. As tapas e os menús ofertaranse dende a noite do venres ate o domingo.
Ahituvi editou uns folletos nos que se inclúe a oferta completa tanto de tapas como de menús así como un plano de Vilagarcía coa localización de todos os establecementos que participan nesta iniciativa. Estes folletos lle serán entregados en man a todos os visitantes na entrada do recinto de Fexdega no que se celebra a Exposición da Camelia.
RUTA DAS TAPAS
Serán once os establecementos que durante estes tres días oferten tapas especiais, todas elas ao prezo de 1,5 euros. En moitos dos casos estas tapas conteñen entre os seus ingredientes algún producto relacionado coa camelia, como é o caso doPolo en cama de camelias con uvas (Minicentral), o Atún vermello con arroz e aceites aromáticos de flores (Musgo), aTartaleta de crema de cachelos con gulas e polbo á gallega con infusión de pétalos de camelia (Xoxe's), o Pemento recheo de carne e bechamel con reducción de aceite de camelia (La Baldosa), o Filetiño de vaca vella en cama de arroz ao curry con ensalada de follas (La Malquerida) ou o Tartar temperado de atún vermello e polbo con confitura de camelias e flores botánicas (La Parra).
MENÚS
Tamén, coincidindo coa celebración en Vilagarcía da Exposición Internacional da Camelia, dende o venres a noite ate o domingo seis restaurantes da cidade ofertan unha serie de menús especiais. En concreto sumáronse a esta iniciativa o asador Martis, o restaurante italiano Dapino, o hotel Pazo Rial, o Churrasco A Ría, o restaurante Plácido (Hotel Carril) e O Fogón da Ría.
Os prezos destes menús oscilan entre os 16 e os 30 euros.
Nalgúns casos, como é o do Hotel Rial o menú inclúe pratos que teñen a camelia como motivo, como a Ensalada Primavera con aliño de aceite aromático de camelia ou o Solomillo de porco con pastel cremoso de pataca e pétalos cristalizados.