PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO (2-16mar)
Lunes a viernes 10:15, seguridad
O Parque Infantil de Tráfico regresa a partir do luns a Fexdega para fomentar a educación vial entre os escolaresO Programa de Educación Vial que desenvolve a Policía Local entre a comunidade escolar de Vilagarcía entra o luns na segunda fase coa posta en marcha do Parque Infantil de Tráfico. O circuíto funcionará en Fexdega ata o 16 de marzo e por el pasarán alumnos de 6º curso de Primaria de todos os colexios do municipio, así como os de 1º da ESO do IES Cotarelo e os alumnos do Centro de Educación Especial.
A Policía Local desenvolve esta nova fase do programa de Educación Vial en colaboración coa Concellería de Educación que se encargou de xestionar o traslado dos alumnos dos centros da periferia ata Fexdega, servizo que prestará a empresa local Pereira de forma desinteresada e polo cal o goberno local fai público o seu agradecemento.
Os alumnos que acudan ó Parque Infantil de Tráfico participarán nas dúas sesións nas que se organiza a actividade. A primeira, que ten unha duración de 45 minutos, consistirá nunha clase informativa na que o axente da Policía Local encargado dos temas de Educación Viaria explicará aos rapaces e rapazas as normas básicas de condución e circulación tanto en vehículos como actuando como peón, e tamén se fará un repaso polas sinais de tráfico máis comúns.
Completada a parte teórica, os alumnos pasarán a poñer en práctica o aprendido pilotando o kart, conducindo unha bicicleta e actuando como peóns no circuíto montado no pavillón e que recrea unha rúa coas súas interseccións, semáforos, beirarrúas, pasos de peóns e glorietas. Estableceranse rotacións para que cada neno poida conducir os dous vehículos e tamén actuar como peón responsable en sesións de 10 minutos. A duración da práctica variará entre a hora e media e as dúas horas e media dependendo do número de integrantes de cada grupo, que pode oscilar entre os 25 e os 60 alumnos.
O Parque Infantil de Tráfico funcionará exclusivamente en horario de mañá. Os encargados de estrealo o luns, 2 de marzo, serán os alumnos do Piñeiriño que chegarán á Fexdega ó redor das 10:15 horas. A práctica comezará sobre as 11:45 horas.
Con este xa son varios os anos que o Concello organiza o Parque Infantil de Tráfico, unha actividade que complementa o programa de educación viaria que desenvolve anualmente a Policía Local nos colexios, institutos e escolas infantís do municipio co obxectivo de ir inculcando aos nenos dende cativos as correctas normas á hora de circular pola vía pública tanto como peóns como conducindo ou indo de viaxeiro nun vehículo. Deste xeito preténdese crear bos hábitos para seguir avanzando na mellora da seguridade viaria.
A Policía comezou en novembro a impartir as sesións didácticas e rematará en primavera. De xeito paralelo porase en marcha se segunda fase, correspondente ao Parque Infantil de Tráfico, e está pendente unha terceira destinada á poboación adulta.