LI CONCURSO Y EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DA
CAMELIA (14-15mar)
Sábado y domingo, exposición en Fexdega
Comercios participantes en el concurso de escaparates
MOSCOW ROAD Brandariz no 4EDY ARTE Juan Carlos I No 35
MAYTE BARRAL Arzobispo Lago no 18
CUKADAS Arzobispo Lago no 26
AROSA CASA Santa Eulalia no 1 bajo
MOTO BAZAR Arzobispo Andrade no 5
PAPELERIA ARINES Gumersindo Naratallo no 9
MATICES MT Romero Ortiz no 31 bajo
A DESPENSA Arzobispo Andrade no2
EL HOGAR Castelao no 18 bj
ONDAS Plaza Galicia no 19 bajo
INTEROPTICAS Arzobispo Lago no 2
CORTINOVA Doctor Touron no 33
DIVA PRETTY Doctor Moreira Casa
BASES DO LI CONCURSO-EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DA CAMELIA
1.- O Concello de Vilagarcía de Arousa organiza o LI Concurso-Exposición Internacional daCamelia, que terá lugar os días 14 e 15 de marzo de 2015, no recinto feiral de FEXDEGA.
A presidencia de honra ocúpaa a xúa maxestade a raíña dona Leticia.
2. Poderán concorrer as persoas maiores de idade, interesadas na camelia, profesionais ou
aficionados, nacionais ou estranxeiros, persoas físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa
inscrición segundo o previsto nestas bases.
3.- Poderán presentarse flores pertencentes a calquera especie e variedade de Camelia así
como calquera híbrido destas.
4.- Establécense os seguintes premios:
a) Premio Camelia de Ouro para o concursante que presente o conxunto de variedades
máis destacado no tocante ao número e á calidade das flores. Quen reciba a Camelia de ouro
non poderá optar ao resto dos premios previstos. O gañador deste premio será invitado a
formar parte do xurado do concurso do ano seguinte, no que as súas flores terán un lugar
destacado e en cuxo caso non poderá participar como concursante.
b) Premio especial Antono Odriozola, que se lle outorgará á flor individual más
destacada de todas as que optarán a este premio e que se exporán nunha mesa separada.
Cada concursante poderá presentar un máximo de cinco variedade, representada en cada
unha delas unha única flor. Será requisito imprescindible que estean perfectamente
identificadas co nome da especie e o da variedade á que pertencen.
c) Primeiro, segundo e terceiro premios aos mellores lotes de cada unha das
modalidades seguintes:
c.1) Camelia reticulata de calquera cor ou variegación.
c.2) Híbridos de camelia
d) Primeiro e segundo premio aos mellores lotes de cada unha das modalidade
seguintes:
d.1) Camelia japónica branca
d.2) Camelia japónica rosasa ou doutras cores
d.3) Camelia japónica vermella
d.4) Camelia japónica xaspeada ou variegada
d.5) Outras especies de Camelia
Os lotes que participen en calquera das modalidades indicadas nos apartados c e d
deberán ser o máis homoxéneos posible e representativos da variedade á que pertenzan.
Estarán formados por un mínimo de tres flores e un máximo de nove, agás no caso das
camelias doutras especies que se poderán expoñer sen limitación de número. No caso de
empate entre varios lotes, o xurado manifestarase a favor daquel que teña as flores máis
homoxéneas. Cada flor presentarase co seu talo, que levará polo menos unha folla. Non se
poderán colocar follas de plantas diferentes.
e) Primeiro e segundo premio á mellor presentación artística. Valorarase o conxunto de
flores e plantas de camelia, acompañados ou non doutros obxectos e elementos decorativos,
que, a xuízo do xurado, se diferencien pola súa colocación artística. Os conxuntos que opteña
este premio participarán unicamente nesta categoría. A organización facilitaralles unha tarxeta
para que se distingan claramente, co rótulo presentación artística.
f) Premio especial Sociedad Española de la Camelia ao concursante máis destacado
entre os que participen por primeira vez no certame de Vilagarcía de Arousa, con
independencia de que se teña presentado en calquera das outras sedes do concurso.
5.- Co obxecto de que os premios sexan distribuídos entre un maior número de participantes,
un mesmo concursante non poderá obter máis de dous premios.
6.- Para facilitar a labor do xurado, a organización daralle a cada expositor, no momento da
súa presentación, unha tarxeta co número de inscrición e outra por cada modalidade de
premio na que participa, ademais dunha etiqueta co seu nome, que deberá colocar unha vez
concluído o traballo do xurado e despois de ler a acta dos premiados.
7.- Co obxecto de facilitar que aqueles cultivadores menores de idade e os que non desexen
participar poidan amosar as súas flores, a organización habilitará unha mesa especial para
eles. Neste caso será válidas tódalas observacións indicadas nestas base, agás as relativas
ao concurso propiamente dito e aos seus premios.
8.- As inscricións do concurso presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de
Arousa, dende o día seguinte á aprobación destas bases e ata as 13:00 horas do día 6 de
marzo, mediante o boletín de inscrición que se facilitará para ese fin.
Cada expositor deberá indicar no boletín de inscrición as modalidades desta convocatoria nas
que desexa participar e o espazo que precisa para elo.
Os concursantes presentarán os seu lotes de flores no recinto feiral de FEXDEGA entre as 8:00
e as 12:30 horas do sábado 14 de marzo e poderán retiralos o domingo 15, de 21:00 a 22:00
horas, ou o luns de 8:00 a 12:30 horas.
9.- A asignación do lugar no cada concursante e expositor deberá colocar os seus lotes
establecerao a comisión organizadora, en función da demanda e do espazo limitado
dispoñible. O plano coa indicación do lugar asignado a cada concursante exporase o xoves 12
de marzo no taboleiro de anuncios do recinto feiral e na páxina web do Concello de Vilagarcía
de Arousa (www.vilagarcia.es). Independentemente da vixiancia que haberá no recinto, os
participantes deberán coidar dos obxectos de valor de calquera natureza que utilicen para a
exposición das flores xa que o Concello non se fará cargo das perdas que se puideran
producir.
10.- A exposición inaugurarase o sábado 14 de marzo ás 19 horas. A entrega dos premios
terá lugar o domingo día 15, ás 12:30 horas.
11.- O xurado estará composto polos seguintes membros:
Presidente: o Alcalde-Presidente de Vilagarcía de Arousa ou persoa en quen delegue.
Secretaria: a Concelleirra de Cultura de Vilagarcía de Arousa ou funcionario en quen delegue.
Vogais:
- 1 representante do concello de Vigo
- 1 representante da Deputación de Pontevedra
- 1 representante do concello de Vilagarcía de Arousa
- 1 técnico en arte floral
- 1 viveirista de recoñecido prestixio mundial
- 1 membro da Sociedad Española de la Camelia
- O expositor premiado coa Camelia de Ouro na edición do ano anterior
12.- O Xurado poderá declarar deserto calquera dos premios e poderá conceder mencións
especiais por conceptos non sinalados nestas bases. A súa decisión será inapelable.
13.- Polo simple feito de solicitaren a inscrición, os participantes declaran coñecer e aceptan
integramente as bases do concurso e sométense ás decisións da organización e do xurado.
14.- O xurado queda facultado para interpretar as bases e resolver calquera incidencia que ó
longo do proceso de convocatoria e resolución do concurso se puidese producir.
Lugar de realización: Recinto Feiral Fexdega Avda. Rodrigo de Mendoza, s/n 36600 Vilagarcía de Arousa
Inscrición e información: Concello de Vilagarcía de Arousa Praza de Ravella, 1 36600 Vilagarcía de Arousa Teléfono: 986099200 Fax: 986501109 Email: camelia@vilagarcia.es
COMITÉ DE HONRA
Presidenta de honra S.M. Dª Leticia, raíña de España
Presidente da Xunta de Galicia Don Alberto Núñez Feijoo
Alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa Don Tomás Fole Díaz
Presidente da Deputación de Pontevedra Don. Rafael Louzán Abal
Alcalde do Concello de Vigo Don Abel Caballero Álvarez
do LI Concurso Exposición Internacional da Camelia, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa
os días 14 e 15 de marzo de 2015, programado pola Concellería de Cultura do Concello de
Vilagarcía.
2.- Poderán concorrer tódolos establecementos comerciais de Vilagarcía, con independencia
do sector de actividade ó que pertenzan.
3.- O obxecto do concurso é a ornamentación dos escaparates con motivos alusivos á
camelia, sen ningunha limitación estética, agás a inclusión obrigatoria dalgunha flor natural de
camelia en calquera das súas variedades.
4.- No escaparate deberá incluírse en lugar visible a seguinte información: LI Concurso-
Exposición Internacional, Vilagarcía de Arousa, 14-15 de marzo de 2015.
5.- A inscrición realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía, sito na Praza de
Ravella, 1, ata o 10 de marzo, antes das 13.00 h, no impreso que se facilitará para este fin.
6.- Os escaparates que se presenten a concurso deberán estar montados durante os días 14 e
15 de marzo. Establécese un único premio de 300 euros.
7.- O fallo do xurado producirase o 14 de marzo, ás 12.30 h. A partir dese momento e durante
o fin de semana, o gañador deberá incluír no escaparate as placas e tarxetas acreditativas do
premio adxudicado.
8.- O Concello de Vilagarcía de Arousa designará un xurado para este concurso, que poderá
declarar deserto o premio establecido se non se acadasen, ó seu xuizo, un nivel mínimo.
Tamén poderán declarar os accésits que foran oportunos.
9.- A presidencia do xurado queda facultada para resolver os aspectos non previstos nestas
bases.
10.- A participación no concurso supón a aceptación das bases. O fallo do xurado será
inapelable.
con motivo da celebración da LI Exposición Internacional da Camelia.
2. Poderán concorrer as persoas maiores de idade afeccionadas á fotografía, nacionais ou
estranxeiros, persoas físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición segundo o
previsto nestas bases.
3.- O Concurso ten por obxecto a exaltación da beleza da flor da camelia en xeral.
4.- Poderán presentarse ata 3 fotografías por concursante, que poderán ser tomadas en datas
anteriores á convocatoria do certame. As fotografías presentadas non poderán ter participado
noutro concurso de fotografía sobre a camelia.
5.- As fotografías serán enviadas por correo electrónico, coma arquivo anexo e un para cada
fotografía, á dirección camelia@vilagarcia.es, en formato JPG, JPEG, cun tamaño de 2000
píxeles X 3000 píxeles, con calidade 300 ppi. Cada fotografía terá un nome e no texto do
correo farase unha referencia aos motivos dese nome.
7,- Unicamente se aceptarán a concurso aqueles e-mails nos que a fotografía chegue anexa. A
recepción de fotografías incrustadas ou inseridas no corpo do correo suporá a destrución do
e-mail que as conteña e a súa correspondente exclusión do concurso en calquera caso.
Aqueles e-mails que conteñan máis dunha fotografía serán tamén eliminados.
8.- No e-mail deberá indicarse o nome, domicilio e teléfono do autor. Considerarase autor a
tódalas persoas que figuren como tal na información incluída xunto coa foto. Non se admitirán
pseudónimos nin e-mails nos que non figuren tódolos datos sinalados.
9.- As fotos recibidas serán seleccionadas por un xurado composto por profesionais da
fotografía e as 40 que acaden unha maior puntuación serán expostas no transcurso da
celebración do LI Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que terá lugar os días 14 e
15 de marzo de 2014, no recinto feiral de FEXDEGA. As fotografías serán impresas no tamaño
de 20x30 cm.
10.- O prazo para o envío das fotografías será dende o día 15 de febreiro ata as 23:59:59 do 3
de marzo.
11.- O xurado formado para outorgar os premios do LI CONCURSO-EXPOSICIÓN
INTERNACIONAL DA CAMELIA será o que determine cal é a fotografía gañadora deste
concurso de fotografía.
12. O premio será de 300 e participar nun Obradoiro de Fotografía Dixital Básico (de 10 h.)
ofrecido por José Luiz Oubiña no Centro da Imaxe.
13.- Polo simple feito de solicitaren a inscrición, os participantes declaran coñecer e aceptan
integramente as bases do concurso e sométense ás decisións da organización e do xurado.
14.- A Concelleira de Cultura queda facultado para interpretar as bases e resolver calquera
incidencia que ó longo do proceso de convocatoria e resolución do concurso se puidese
producir.
Lugar de exposición das fotografías: Recinto Feiral Fexdega Avda. Rodrigo de Mendoza, s/n 36600 Vilagarcía de Arousa Inscrición e información: Concello de Vilagarcía de Arousa Praza de Ravella, 1
36600 Vilagarcía de Arousa Teléfono: 986 099 200 ext 214 Fax: 986 501 109 Email: camelia@vilagarcia.es
Con esta e outras propostas Cultura pretende ampliar e enriquecer o programa da LI edición do Concurso ExPosición Internacional da Camelia que acollerá Vilagarcía o 14 e 15 de marzo
Llovo mantivo esta mañá o segundo encontro con representantes dos sectores que pretende implicar na celebración
A exposición celebrarase en Fexdega e a vindeira semana publicaranse as bases do concurso
A Concellerría de Cultura leva xa unhas semanas traballando nos preparativos do Concurso Exposición Internacional da Camelia que este ano se celebrará en Vilagarcía os días 14 e 15 de marzo. O departamento que dirixe Rocío Llovo pretende implicar aos principias sectores económicos da cidade para aproveitar o tirón deste evento internacional potenciando a oferta turística da cidade nesas datas. A primeira proposta da Concellería é que a hostalaría ofreza tapas especiais relacionadas coa camelia.
Nas dúas xuntanzas mantidas ata o de agora cos representantes do sector hostaleiro, turístico, comercial e de floristas do municipio, a concelleira deixou claro que a súa colaboración é esencial para ampliar e enriquecer o programa da Exposición da Camelia. Despois de 50 edicións, Vilagarcía pretende innovar para facer desta cita un gran atractivo turístico que serva para atraer xente a cidade durante esas festas e para vender Vilagarcía como destino tur´ñistico permanente en relación á flor das Rías Baixas.
Os representantes da hostalaría trasladarán aos seus asociados a idea e, nun próximo encontro, concretarán o número de participantes e a forma de organizar esta proposta de maridaxe entre a cultura floral e a gastronómica.
A Exposición Internacional da Camelia é un evento cuxa organización vai rotando entre os municipios de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. O Concello pretende que a edición de 2015 sexa moito máis que o tradicional concurso floral, por iso ademais das xa consolidadas actividades paralelas das xornadas da camelia, ou o concurso de escaparatismo, o Concello plantea a proposta gastronómica e a realización de rutas e visitas guiadas, ademais doutras novidades que se irán concretando nas vindeiras xuntanzas.
De forma paralela, o Concello está a piques de rematar a elaboración das bases do concurso floral da Camelia cuxa convocatoria darase a coñecer a vindeira semana co obxecto de que a información poida chegar aos diversos lugares de España, Europa e outras nacións interesadas no evento.
Suscríbete a Arousa TV por correo
Presidenta de honra S.M. Dª Leticia, raíña de España
Presidente da Xunta de Galicia Don Alberto Núñez Feijoo
Alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa Don Tomás Fole Díaz
Presidente da Deputación de Pontevedra Don. Rafael Louzán Abal
Alcalde do Concello de Vigo Don Abel Caballero Álvarez
CONCURSO DE ORNAMENTACIÓN DE ESCAPARATES
1.- A convocatoria do Concurso de ornamentación de escaparates encádrase nas actividadesdo LI Concurso Exposición Internacional da Camelia, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa
os días 14 e 15 de marzo de 2015, programado pola Concellería de Cultura do Concello de
Vilagarcía.
2.- Poderán concorrer tódolos establecementos comerciais de Vilagarcía, con independencia
do sector de actividade ó que pertenzan.
3.- O obxecto do concurso é a ornamentación dos escaparates con motivos alusivos á
camelia, sen ningunha limitación estética, agás a inclusión obrigatoria dalgunha flor natural de
camelia en calquera das súas variedades.
4.- No escaparate deberá incluírse en lugar visible a seguinte información: LI Concurso-
Exposición Internacional, Vilagarcía de Arousa, 14-15 de marzo de 2015.
5.- A inscrición realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía, sito na Praza de
Ravella, 1, ata o 10 de marzo, antes das 13.00 h, no impreso que se facilitará para este fin.
6.- Os escaparates que se presenten a concurso deberán estar montados durante os días 14 e
15 de marzo. Establécese un único premio de 300 euros.
7.- O fallo do xurado producirase o 14 de marzo, ás 12.30 h. A partir dese momento e durante
o fin de semana, o gañador deberá incluír no escaparate as placas e tarxetas acreditativas do
premio adxudicado.
8.- O Concello de Vilagarcía de Arousa designará un xurado para este concurso, que poderá
declarar deserto o premio establecido se non se acadasen, ó seu xuizo, un nivel mínimo.
Tamén poderán declarar os accésits que foran oportunos.
9.- A presidencia do xurado queda facultada para resolver os aspectos non previstos nestas
bases.
10.- A participación no concurso supón a aceptación das bases. O fallo do xurado será
inapelable.
BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA CAMELIA 2015
1.- O Concello de Vilagarcía de Arousa organiza o Concurso de Fotografía da Camelia 2015,con motivo da celebración da LI Exposición Internacional da Camelia.
2. Poderán concorrer as persoas maiores de idade afeccionadas á fotografía, nacionais ou
estranxeiros, persoas físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición segundo o
previsto nestas bases.
3.- O Concurso ten por obxecto a exaltación da beleza da flor da camelia en xeral.
4.- Poderán presentarse ata 3 fotografías por concursante, que poderán ser tomadas en datas
anteriores á convocatoria do certame. As fotografías presentadas non poderán ter participado
noutro concurso de fotografía sobre a camelia.
5.- As fotografías serán enviadas por correo electrónico, coma arquivo anexo e un para cada
fotografía, á dirección camelia@vilagarcia.es, en formato JPG, JPEG, cun tamaño de 2000
píxeles X 3000 píxeles, con calidade 300 ppi. Cada fotografía terá un nome e no texto do
correo farase unha referencia aos motivos dese nome.
7,- Unicamente se aceptarán a concurso aqueles e-mails nos que a fotografía chegue anexa. A
recepción de fotografías incrustadas ou inseridas no corpo do correo suporá a destrución do
e-mail que as conteña e a súa correspondente exclusión do concurso en calquera caso.
Aqueles e-mails que conteñan máis dunha fotografía serán tamén eliminados.
8.- No e-mail deberá indicarse o nome, domicilio e teléfono do autor. Considerarase autor a
tódalas persoas que figuren como tal na información incluída xunto coa foto. Non se admitirán
pseudónimos nin e-mails nos que non figuren tódolos datos sinalados.
9.- As fotos recibidas serán seleccionadas por un xurado composto por profesionais da
fotografía e as 40 que acaden unha maior puntuación serán expostas no transcurso da
celebración do LI Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que terá lugar os días 14 e
15 de marzo de 2014, no recinto feiral de FEXDEGA. As fotografías serán impresas no tamaño
de 20x30 cm.
10.- O prazo para o envío das fotografías será dende o día 15 de febreiro ata as 23:59:59 do 3
de marzo.
11.- O xurado formado para outorgar os premios do LI CONCURSO-EXPOSICIÓN
INTERNACIONAL DA CAMELIA será o que determine cal é a fotografía gañadora deste
concurso de fotografía.
12. O premio será de 300 e participar nun Obradoiro de Fotografía Dixital Básico (de 10 h.)
ofrecido por José Luiz Oubiña no Centro da Imaxe.
13.- Polo simple feito de solicitaren a inscrición, os participantes declaran coñecer e aceptan
integramente as bases do concurso e sométense ás decisións da organización e do xurado.
14.- A Concelleira de Cultura queda facultado para interpretar as bases e resolver calquera
incidencia que ó longo do proceso de convocatoria e resolución do concurso se puidese
producir.
Lugar de exposición das fotografías: Recinto Feiral Fexdega Avda. Rodrigo de Mendoza, s/n 36600 Vilagarcía de Arousa Inscrición e información: Concello de Vilagarcía de Arousa Praza de Ravella, 1
36600 Vilagarcía de Arousa Teléfono: 986 099 200 ext 214 Fax: 986 501 109 Email: camelia@vilagarcia.es
O CONCELLO BUSCA A COLABORACIÓN DA HOSTALERÍA PARA OFERTAR TAPAS RELACIONADAS COA CAMELIA