DOLI DOLI DOLI... COAS CONSERVEIRAS
Jueves 12 de Marzo, 20:00h en Sala de Conferencias do Auditorio
Entrada libre.
Organiza Podemos Arousa y O Soño de Lilith
Enmarcado dentro dos actos conmemorativos do día internacional da muller e organizado por Podemos Arousa xunto coa asociación feminista O Soño de Lilith, terá lugar a proxección do documental Doli doli doli...coas conserveiras.Doli, doli, doli amósanos o acontecido na Illa de Arousa cando no ano 1989 preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, encerráronse na fábrica de Odosa para protestar polo peche inminente da conserveira. O documental intercala imaxes daqueles días xunto outras das súas protagonistas na actualidade. Hoxe, cando aínda temos recente a loita dos traballadores de Lantero, é interesante lembrar outros conflitos laborais que quedando lonxe no tempo non deixan de estar de actualidade, neste caso coas mulleres como protagonistas.
A proxección comezará ás 20:00 horas do Xoves 12 de marzo na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Duración: 57 minutos
Subtítulos en castelán
Guión, dirección e realización: Uqui Permui.
Música orixinal: Xesús Valle.
Cámaras: Uqui Permui e Xacio R. Baño.
Edición e posprodución: Darío Fernández.
Participan: Loli Romero Cores, Luz García Vigo, Benita García Dios, Carmen Ferro Dios, Mar Suárez Manteiga, Oliva Dios Núñez, Mª Jesús Dios Núñez, Carmen Outeda Castro (A Meca), Mari Carmen Miguéns Castro, Juana Rial Blanco, Carmen Barreiro, María Xosé Molina, Teresa Rodríguez
Produce: [sic] laboratorio audiovisual.
Sipnosis
En 1989, cerca de cen mulleres, catro en folga de fame, péchanse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas. Mentres estiveron encerradas gravaron un documental no que contaban o que estaba a suceder, a partir deste material se construe o relato deste documental.