ACTIVA O CORPO, ACTIVA A MENTE!. FORMACIÓN PARA MAIORES (mar-jun)
Viernes 16:00h-18:00h (grupo 1) 18:00h-20:00h (grupo 2)
Inscripción previa 23 de febrero al 5 de marzo en el Area de Persoas Maiores, Concello de Vilagarcía
Regresan os obradoiros para persoas maiores “Activa o corpo, Activa a mente”A Concellería de Persoas Maiores pon en marcha no mes de marzo unha nova edición dos Obradoiros Activa o Corpo, Activa a Mente. Este programa conta cunha grande aceptación por parte do colectivo ao que vai dirixido xa que nas sesións realízanse terapias cognitivas, físicas e duais que inciden de xeito moi positivo no benestar dos maiores e na mellora da calidade da súa vida mediante a autonomía persoal. Trátase dunha actividade gratuíta na que poderán participar 40 persoas. O prazo de inscrición ábrese o luns, 23 de febreiro.
A empresa Sacendi, firma especializada na prestación de servizos sociosanitarios, será a encargada de impartir os obradoiros a desenvolver nunha sesión semanal de dúas horas de duración a celebrar no Auditorio entre marzo e xuño.
Os obradoiros divídense en tres etapas. Na primeira traballaranse terapias cognitivas co obxectivo de adestrar a atención, memoria e concentración mediante actividades de estimulación sensorial, cálculo, uso de novas tecnoloxías, musicoterapia e técnicas de linguaxe.
A segunda fase abordará as terapias físicas tendentes a mellorar a axilidade e mobilidade dos participantes. Nesta parte realizarán actividades como fisioterapia respiratoria, reeducación postural, prevención de caídas, reeducación da marcha ou kinesiotaping.
A última fase dos obradoiros Activa o Corpo, Activa a mente, desenvolveranse terapias duais, é dicir, ás que combinan o traballo sobre a área cognitiva, física e emocional. Nestas sesións abordarase a acupuntura, o Reiki. Traballarase a autoestima e a risoterapia e mesmo se realizarán exercizos de square step e Ramachandran.
Para desenvolver os obradoiros realizaranse dous grupos de 20 participantes cada un. As clases impartiranse en horario de tarde un día á semana en sesións de 2 horas. Os interesados en asistir deben inscribirse nas dependencias de Persoas Maiores dende o luns, 23 de febreiro ata o 5 de marzo.