MANIFESTACIÓN PLATAFORMA E EMIGRANTES RETORNADOS (13ene)
Martes, 11:00h
Mañan martes a partir das 11h. manifestación comarcal, dende diante da facenda en Vilagarcía de Arousa ata a sede do PPO Salnés, 12 de xaneiro de 2014.- A Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca do Salnés continúa coa súa axenda de mobilizacións para reclamar ao Goberno do PP a que proceda durante o período extraordinario de regularización á devolución da totalidade do ingresado na Axencia Tributaria en concepto de imposto sobre a renda das persoas físicas e non só do pagado en concepto de intereses, recargas e sancións. Así, mañan martes, 13 de xaneiro, ás 11:00 horas, convocan unha manifestación comarcal, con saída da delegación da Axencia Tributaria en Vilagarcía de Arousa ata a sede do PP, a que convidamos e instamos a pelexar con nós aos: afectad@s, familiares, amig@s, veciñ@s e sociedade en xeral, xa que, por desgraza, vemos que o Goberno Español do PP está a meter man en tódalas caixas posíbeis con nocturnidade e alevosía...
O colectivo de emigrantes retornados teñen claro que a aprobación da disposición adicional primeira da Lei 26/2014, pola que se establece un período extraordinario de regularización fiscal das cantidades percibidas do estranxeiro por parte dos e das emigrantes retornadas supón un recoñecemento de facto e de iure de que con anterioridade non se tiña realizado ningunha actuación por parte da Axencia Tributaria para informar a ditas persoas da súa obriga de tributar ditas pensión no imposto sobre a renda das persoas físicas. Tamén supón polo tanto, un recoñecemento de que até este momento a interpretación que facía a propia administración tributaria en relación con ditas obrigas tributarias no era a da existencia de dita obriga.
Partindo de dita consideración os emigrantes retornados creen que o que realmente se establece con ese período de regularización é unha obriga con carácter retroactivo en relación coas súas pensións devengadas no estranxeiro, o cal ademais de inxusto considera que non se axusta á legalidade.
Por todo isto solicitan a administración tributaria que se promova con carácter urxente unha modificación da disposición adicional primeira da Lei 26/2014 de tal forma que a obriga de tributar as pensión devengadas no estranxeiro se estableza a partir do exercicio tributario de 2013.
Tamén que en consecuencia se estableza que no para aquelas persoas que foron requiridas nos últimos exercicios de regularización tributaria das súas pensións se proceda durante o período extraordinario de regularización á devolución da totalidade do ingresado na Axencia Tributaria en concepto de imposto sobre a renda das persoas físicas e non só do pagado en concepto de intereses, recargas e sancións, e que en todo caso a devolución se realice de oficio a todas as persoas afectadas.
Plat. Emigrantes Retornados O Salnés
Suscríbete a Arousa TV por correo