Lunes 19:00h, en las calles de Vilagarcía
CABALGATA DE REIS
Cabalgata de Reis 2015 en VilagarcíaARREDOR DE 900 PERSOAS FORMARÁN PARTE DA COMITIVA DOS REIS MAGOS ESTE LUNS NA CABALGATA DE VILAGARCÍA
- Sairá ás 19:00 horas de Vistalegre, despois de que as súas Maxestades visiten a residencia de anciáns
- Este ano estréanse os 19 bombos que adquiriu a comisión organizadora
- SE repartirán 2.500 quilos de caramelos
Arredor de 900 persoas, entre rapaces e adultos e grupos de animación, participarán o vindeiro luns, día 5, na Cabalgata de Reis que un ano máis converterá a Vilagarcía no referente da comarca. As súas Maxestades visitarán o asilo de anciáns ás 17:00 para dúas horas máis tarde acudir fieis á súa cita no Pazo de Vistalegre, onde xa estará todo listo para a saída da longa comitiva que durante algo máis dunha hora percorrerá as principais rúas da cidade. O itinerario é o habitual dos últimos anos: Vistalegre, Castelao, xeneral Pardiñas, arcebispo Lago, praza de Galicia, Conde de Vallellano, avenida da Mariña, Colón, Rosalía de Castro, praza da Constitución, Rey Daviña, Padre Feijóo, praza da Independencia, Arapiles e praza de Ravella. Unha vez chegados á Casa Consistorial os Reis saudarán aos presentes e despois comezará a recepción real no salón nobre.
Como novidade respecto doutros anos, nesta ocasión se estrearán os 19 bombos de percusión que este ano adquiriu a comisión organizadora coa colaboración do Concello, de xeito que así se aforrará na contratación dos grupos que específicamente tocaban este instrumento e se sumarán aos que xa dispoñen diversas agrupacións vilagarciás, co que o característico ruído de tambores e bombos para anunciar a chegada e o paso dos Reis está máis que asegurada.
No seu percorrido pola cidade, os monarcas e os seus axudantes repartirán arredor de 2.500 caramelos, unha cantidade suficiente para que ninguén teña que preocuparse por recibir o lambeteiro presente dos Reis.
En total serán seis carrozas e preto de mil persoas as que participen, coa colaboración das Anpas da Escardia, Carril, Rubiáns, Piñeiriño, Filipenses e Franciscanas, e varias asociacións culturais, veciñais e deportivas: Banda de Música, O Noso Lar, Remolóns, Nós de Sobradelo, Os Ingleses, Mar de Arousa, A Laxe, Xeada de Cornazo e Trabanca Badiña. Policía Local, Protección Civil e Cruz Vermella tamén se sumán á organización procurando que a seguridade estea garantida.