BALANSIYYÁ, MUSICAL EN CONCERTO (24ene)
Sábado 21h, musical en Auditorio. Entradas ZonaA 7€ - ZonaB 5€ - ZonaC 3€.
Musical "Balansiyya", do compositor español Rafael Pascual-Vilaplana, segunda representación no Auditorio pola Banda de Música de Vilagarcía e Coro, conseguindo un cheo absoluto na sua primeira representación,
Entradas a venta xoves 22 e venres 23 de 11 a 13h e de 17 a 20h, e o día da función desde as 19
O MUSICAL EN CONCERTO "BALANSIYYÁ" REGRESA AO AUDITORIO TRAS O ABRUMADOR ÉXITO DA ESTREA
Concellería de Cultura, Banda de Música e Coro respondes deste xeito ao numeroso público que non obtivo entrada para ver o espectáculo en novembroOs vilagarciáns tamén triunfaron en outubro en Silleda ca representación da obra de Rafael Pascual Vilaplana
Un centenar de persoas, entre músicos e cantantes, toman parte na representación
As entradas pódense adquirir a partir do xoves 22 no Auditorio
A Banda Música pon á venda o seu segundo disco "In Tempo"
Os numerosos amantes da música que o pasado mes de novembro lograron entrada para ver a estrea en Galicia de "Balansiyyá", terán unha segunda oportunidade para gozar do espectáculo producido pola Concellería de Cultura, a Banda de Música de Vilagarcía e Coro. Será o sábado 24 de xaneiro, a partir das 21:00 horas no Auditorio. As entradas venderanse a 7, 5 e 3 euros e poderanse adquirir a partir do xoves 22 na billeteira do Auditorio.
Tras o abraiante éxito de público e crítica da estrea, e debido á petición popular, o musical en concerto Balansiyyá, volve ao Auditorio de Vilagarcía. Farao despois de dous meses, e de triunfar tamén na súa primeira representación fora de Vilagarcía, o pasado 20 de decembro en Silleda.
Nesta ocasión, será o director da Banda de Música de Vilagarcía, Jesús Nogueira, quen se encargue da dirección musical que, para a súa estrea en Galicia contou coa batuta do compositor da obra, Rafael Pascual Vilaplana. A soprano Marina Penas, intervén como unha das voces solistas principias e tamén é a responsable de dirixir á masa coral. O cartel de solistas complétase con José Luis Prado, Julio García e Miguel A. Fandiño. A coordinación xeral do espectáculo corre dan man de José Álvarez.
Esta segunda función foi presentada hoxe pola concelleira de Cultura, Rocío Llovo, Marina Penas; Jesús Nogueira e José Álvarez. Os promotores deste espectáculo de produción propia amosáronse moi satisfeitos coa acollida que tivo este espectáculo en Vilagarcía e confían en que o público salga igual de encantado con esta segunda función. Aparte de que Nogueira dirixirá a Banda, hai outras novidades Copn respecto á primeira representación, como a inclusión de novas voces.
"Balansiyyá", é unha obra composta polo alacantino Pascual Vilaplana con letras de Carlos Veiga, que relata unha dramática historia de amor ambientada na época da Reconquista Española, polo que a música está moi influenciada polos sons medievais tanto nas zonas cristiás como musulmáns. O musical estreouse no Teatro Principal de Valencia en xuño do 2006 e xa foi representada en varias capitais españolas.
O musical en concerto pasa a formar parte do repertorio de actividades que desenvolverá ao longo de 2015 a Banda de Música de Vilagarcía con motivo do seu 150 aniversario. Coincidindo con esta celebración, a Banda publica o seu segundo disco "In Tempo", un traballo que se poderá adquirir por 5 euros o día da representación de Balansiyyá. Este CD recolle 12 temas musicais interpretados pola banda e que se gravaron no Auditorio o pasado mes de abril, entre eles pezas de "A Lenda de Montelongo". O "In Tempo" é unha continuación de "In Crescendo", o primeiro disco editado en 2006. Como naquela ocasión, a Banda fai una variada selección dos estilos que toca, dende a música popular galega, am pasadobles, e mesmo música de películas.
A edición deste cd componse de 500 unidades que tamén venderán os membros da Banda.
Horario de venta de entradas
O horario de venda das entradas para asistir a "Balansiyyá" será o xoves 22 e o venres 23 de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. O sábado, 24, día fa función, poderanse comprar a partir das 19 horas, tamén no Auditorio.A BANDA DE MÚSICA DE VILAGARCÍA E CORO MIXTO POÑEN EN ESCEA A OBRA DE RAFAEL PASCUAL VILAPLANA
Éxito absoluto e un Auditorio cheo i entregado e o resultado de varios meses de preparación e ensaio da obra de Vilaplana, que se desprazou a Vilagarcía para dirixila no escenario.José Álvarez e Jesús Nogueira coordinaron toda a producción do evento, que desde xuño ven preparandose con ensaios semanais, e coa colaboración e aportación de diversos grupos, institucións e persoas. Tanto o Concello, a Banda de Música, grupo de coro creado para a ocasión, na que forman parte persoas de diferentes coros locais (Sobradelo, Cornazo, Santa Eulalia e Liceo) e particulares, dirixidas por Marina Penas. Tamén o grupo de teatro Clámide, unha alumna do Conservatorio Municipal e ata 110 persoas formaron parte de este musical en concerto.
Suscríbete a Arousa TV por Email