FESTA DAS UVAS (31dic)
Miércoles 11:30h, en Ravella
Vilagarcía adianta unha vez máis a chegada do Aninovo coa Festa das UvasXuventude organiza o evento que cada 31 de decembro ao mediodía reúne a milleiros de persoas na Praza de Ravella
A Festa comezará ás 11:30 horas e contará coa animación musical da Duendeneta
Como todos os anos repartirase uvas, cava e gominolas para a toma das uvas ao son das badaladas do reloxo do Concello
O mércores, 31 de decembro, a mediodía, os vilagarciáns volverán a celebrar con doce horas de antelación a chegada do Aninovo tomando as tradicionais 12 uvas ao ritmo das badaladas do reloxo do Concello. A Concellería de Xuventude xa ten todo listo para celebrar unha nova edición da Festa das Uvas, o multitudinario evento no que milleiros de vilagarciáns e veciños da bisbarra reciben a entrada do no novo ano entre amigos e coñecidos neste gran ensaio xeral da celebración que repetirán a media noite nun ambiente máis íntimo e familiar.
A Praza de Ravella volverá a acoller a que xa é unha das celebracións máis esperadas do ano e na que no faltará ningún dos ingredientes necesarios para despedir o ano que remata e dar a benvida ao 2015 como manda a tradición: con uvas, cava e música. E para os máis cativos, gominolas para substituír ao froito da vide.
A concellería que dirixe Sandra García xa ten todo preparado para que a celebración do mércores volva a ser todo un éxito. A Praza de Ravella engalanarase con bandeirolas conmemorativa da Festa das Uvas, e, como de costume, a organización encargarase de repartir entre os asistentes as uvas, o cava e as gominolas.
O ambiente musical porao A Duendeneta, que empezará a crear o clima festivo ó redor das 11:30 da mañá. A esa hora tamén comezará o reparto das uvas e do cava nos dous mostradores que se habilitarán na Praza (un diante do Concello e outro no xardín de Ravella.
O animador da Duendeneta será o encargado de presentar e dirixir a festa, e de "preparar" aos presentes para o ensaio xeral da toma das uvas ao mediodía, cando o reloxo do Concello, repique para facer soar as doce horas.
O ambiente irá increscendo ata ás doce menos dez, cando o animador comezará a explicar a mecánica para a toma das uvas, a efectos de que ninguén se trabuque os cuartos coas doce badaladas de mediodía .A continuación e ao ritmo das badaladas do reloxo do Concello, os asistentes irán tomando as 12 uvas para rematar co tradicional brindes co que se dará a benvida a 2015.
Entidades colaboradoras
Para a organización da Festa das Uvas, a Concellería de Xuventude conta coa colaboración de empresas e entidades da cidade. E calidade de patrocinadores participan na Festa das Uvas a cadea de supermercados Gadisa, a tenda de golosinas La Metro e as asociacións de comerciantes e hostaleiros da ciddae, Zona Aberta e Ahituvi.
A Festa conta tamén coa colaboración da agrupación local de Protección Civlil e dos membros da asociación xuvenil A Trincadeira que, xunto co monitores da Academia Elisa e dos seus alumnos do curso de Monitor de Tempo libre organizado por Xuventude, serán os que se encarguen de despachar uvas e cava entre os asistentes á festa.
O CONCELLO REPARTE 350 QUILOS DE UVAS E DESCORCHA 400 BOTELLAS DE CAVA PARA CELEBRAR A CHEGADA DE 2015 ÁS 12 DO MEDIODÍA
- Personaxes relevantes de Vilagarcía no 2014, entre eles un membro do plantel de Lantero, felicitarán o ano aos presentes
- A partir das 11,30 haberá animación musical na praza de Ravella
Vilagarcía, 30 de decembro de 2014.- Arredor de 350 quilos de uvas, que encherán algo máis de cinco mil bolsas individuais, serán repartidos mañá, a partir das 11,30 horas, na xa tradicional Festa das Uvas, co que os vilagarciáns celebran a despedida do ano e a entrada no novo, pero ás 12,00 horas do mediodía, coincidindo así coas súas antípodas en ser dos primeiros en dar a benvida a 2015. Xunto coas bolsas de uvas, o Concello xa ten preparadas 400 botellas de cava, que serán descorchadas para o brinde colectivo. Para os máis pequenos se distribuirán arredor de 300 bolsas de lambetadas.
Como novidade respecto doutros anos, dende as 11,30 horas, cando comece a animación musical a cargo da Duendeneta, polo escenario da praza de Ravella irán pasando distintos personaxes relevantes de Vilagarcía no 2014, que felicitarán o ano a quen participe da festa. Entre eles, o cantante Lito, da orquestra Panorama, o tamén cantante Dani Barreiro, o futbolista Dani Abalo, un representante de Amigos de Galicia e outro do plantel de Lantero, que leva máis de dous meses en folga.
O animador da Duendeneta será o encargado de presentar e dirixir a festa, e de "preparar" aos presentes para o ensaio xeral da toma das uvas ao mediodía, cando o reloxo do Concello repique para facer soar as doce horas.
Para a organización da Festa das Uvas, a Concellería de Xuventude conta coa colaboración da cadea de supermercados Gadisa, da tenda de golosinas La Metro e das asociacións de comerciantes (Zona Aberta) e hostaleiros (Ahituvi).
A Festa conta tamén coa colaboración da agrupación local de Protección Civil e dos membros da asociación xuvenil A Trincadeira que, xunto co monitores da Academia Elisa e dos seus alumnos do curso de Monitor de Tempo libre organizado por Xuventude, serán os que se encarguen de despachar uvas e cava entre os asistentes.