BNG ASEMBLEA ABERTA (9dic)
Martes 20:30h, en Auditorio de Vilagarcía
O BNG convoca a asemblea aberta para recoller propostas do programa e da candidatura das municipaisO acto busca a participación da veciñanza no proceso “Construíndo Futuro” e será o martes ás 20:30 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
O Bloque Nacionalista Galego convoca unha nova asemblea aberta, enmarcada no proceso “Construíndo futuro”, que en Vilagarcía de Arousa será o martes 6 de decembro ás 20:30 no Auditorio Municipal. Alí se proporán as bases para o próximo programa das eleccións municipais de 2015 en Vilagarcía de Arousa e tamén as persoas que deben ser as caras do proxecto do BNG-Asembleas Abertas, que é a fórmula que se escolleu para concorrer nos vindeiros comicios.
O BNG anima a participar neste proceso a toda a veciñanza de Vilagarcía que están fartas de ver a ineptitude que hai no Concello e de comprobar como o PP utiliza as institucións como se fosen a súa casa particular, ao tempo que quere construír para Vilagarcía de Arousa unha alternativa para Galiza en clave de defensa do país, dos dereitos sociais e da soberanía dos pobos.
A traxectoria do BNG durante estes últimos anos acredita que non é unha forza homologábel ao resto; é unha forza diferente e alternativa que tivo e ten propostas importantes para a cidade e que o demostra en concellos onde goberna con políticas que se abren as institucións ao servizo do pobo e esas experiencias serán exitosas en Vilagarcía de Arousa.
Con esta asemblea, o BNG dálle continuidade ao proceso participativo que nuns meses tivo xa 175 asembleas abertas en toda Galiza nas que asistiron arredor de 6.000 persoas, das que o 60% non eran militantes. Este proceso aberto dá resposta a unha demanda da base do nacionalismo de abrir máis canles de participación e comprobase satisfactoriamente como hai unha preocupación por fortalecer o BNG e por levar unha alternativa nacionalista aos concellos deste país que permita loitar contra a corrupción e favorecer procesos en que as institucións se poñan ao servizo do pobo e que, deste xeito, aposten realmente por unha rexeneración da política.
Este é un proceso importante, no que o BNG pretende ser alternativa real a este sistema saído da Transición e que provoca tanta desigualdade e pobreza no conxunto do Estado e no noso país. A mellor maneira de fortalecer os dereitos sociais e a democracia fronte ao secuestro sometido do bipartidismo é defender o dereito dos pobos a decidir porque moitos dos problemas de Galiza están vinculados á falta de soberanía e un proceso democrático de base ten que basearse, precisamente, nos pobos e non en estruturas estatais caducas que, ademais, marxinan a Galiza.
Con esta asemblea aberta o BNG quere tecer lazos de colaboración con eses veciños e veciñas que apostan por poñer en cuestión este modelo e por que Galiza é un pobo que ten que ter liberdade e capacidade para poder decidir, para traballar nunha alternativa fronte ao estado de putrefacción que vemos no ámbito da política estatal e, en boa parte, da política galega onde a corrupción rascuña moi de preto ao presidente da Xunta de Galiza.
Suscríbete a Arousa TV por correo