OS SESIÓNS DE "OS MARTES ARTE" REGRESAN MAÑÁ AO AUDITORIO
O profesor Guedes imparte o programa que se desenvolve os martes entre as 19:30 e as 20:30 horas
As sesións son de balde e non fai falta inscribirse. Rematarase coa obra de Picasso e co arte islámico abordados parcialmente o ano pasado e continuarase co arte da antiga Greza
O Arte, en maiúsculas, regresa ao Auditorio a partir de mañá coas sesións de "Os Martes Arte",o programa que pretende achegar o arte á cidadanía dun xeito didáctico, divertido e accesible a calquera, teña ou non coñecementos sobre a materia. O profesor Augusto Guedes será o encargado de dirixir a sesións semanal que se desenvolverán todos os martes en horario de 19:30 a 20:30 horas. A participación é de balde e non é necesaria a inscrición.As Concellerías de Cultura e Educación volven a colaborar co profesor Augusto Guedes para poñer en marcha unha nova edición de "Os Martes Arte", as sesións didácticas nas que se ofrecerán aos asistentes as claves para aprender a ler obras de arte de diversas épocas e estilos. Nesta ocasión remataranse os temas iniciados na temporada pasada: o arte islámico e a obra de Picasso; e continuarase co arte da antiga Greza. Como xa se fixo o ano pasado, para que as sesións poidan abarcar máis obras, dividirase a clase en dúas partes de media hora combinando o análise dunha peza de arte antigo e outra de arte moderno.
O funcionamento das sesións é sinxelo, adaptado ao nivel de entendemento e coñecemento dos asistentes, e moi visual. A idea é que os encontros sexan poidan ir aprendendo a ler as obras de arte, a interpretalas e a valoralas, seguindo as explicacións que Guedes ilustra con power points. De xeito interactivo e dinámico, explicaráselles o contexto da obra a estudio, as súas características, as circunstancias do autor, técnicas e outros aspectos precisos para entender o que pretendeu expresar o creador ou o significado da obra. O programa abordará calquera expresión artística xa sea pintura, escultura, fotografía, arquitectura e mesmo literatura.
A elección da temática a abordar ao longo do curso axustarase ás preferencias dos asistentes, aos que na primeira sesións se lles preguntará por que tipo de movemento, época ou autor están máis interesados.