A AVARÍA DE DÚAS MÁQUINAS ATRASA O ASFALTADO DE ROSALÍA DE CASTRO QUE SE PROLONGARÁ ATA O VENRES
A empresa comunicou onte o imprevisto á Policía Local que manterá a sinalización de aviso para desvíos polas circunvalacións nos accesos principais á cidade
O Concello lamenta as molestias que causará esta situación sobrevida, pero prega aos veciños a máxima paciencia e colaboración ante a necesidade desta obr
Vilagarcía de Arousa, 2 de setembro de 2014.- Os traballos de mellora do firme da Avenida Rosalía de Castro prolongaranse máis do inicialmente previsto debido á avaría da maquinaria que leva a cabo as obras. A empresa adxudicataria comunicou onte á Policía Local a incidencia pola cal as obras deberán prolongarse ata o venres, 5 de setembro, sempre que as condicións meteorolóxicas se manteñan estables. O Concello lamenta as molestias que causará esta situación sobrevida nunha das principais arterias de comunicación da cidade e prega aos veciños a máxima paciencia e colaboración para poder executar unha obra moi necesaria e esperada.
O Concello tamén se dirixiu á empresa adxudicataria dos traballos contratados pola Xunta de Galicia, Taboada e Ramos, para instar a máxima celeridade na realización dos traballos que consisten no fresado e posterior asfaltado da avenida Rosalía de Castro dende o enlace coa circunvalación norte en Bamio ata a Praza da Constitución.
As obras iniciáronse onte, luns a primeira hora da mañá, como estaba previsto dende a rotonda de Bamio en dirección a Vilagarcía. Os traballos desenvolvéronse con normalidade e sen maiores complicacións circulatorias ata que, primeiro unha varredora, e logo a maquina de fresado avariáronse á altura dos semáforos de Trabanca Sardiñeira. Aínda que as reparacións se realizaron na mesma xornada, os traballos detivéronse onte nese punto, non pudendo cubrir todo o carril ata o centro da cidade, como esta planificado.
As labores de fresado retomáronse hoxe martes, con total normalidade e con toda maquinaria a punto, aínda que o imprevisto da primeira xornada obrigará a prolongar a obra ata o venres 5. Estes son os prazos que manexa a empresa sempre que as condicións meteorolóxicas se manteñan estables, xa que si chove non se podería botar o aglomerado en quente ata que o firme estivera seco.
Ante esta circunstancia, a Policía Local intensificará as labores informativas na Avenida Rosalía de Castro e nos principais accesos á cidade, onde se manterán os carteis advertindo do corte parcial desta vía e e do desvío da circulación pola vial portuario e a circunvalación norte. Tamén se volveu a contactar coa Autoridade portuaria e as empresas de transportes públicos para que desvíen todo o tráfico pesado polas variantes, evitando así conxestionar o tráfico na entrada a Vilagarcía dende Carril, onde o tráfico rodado poderá transitar unicamente por un carril que permitirá o paso de forma alternativa en ámbolos dous sentidos da circulación. En calquera caso, recoméndase que, na medida do posible, se evite circular por esta estrada ata o remate dos traballos de asfaltado.