A FUNDACIÓN SACA A LICITACIÓN O SERVIZO DE MANTEMENTO VEXETAL DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
O contrato, por valor de 98.500 euros e cunha duración de 16 meses prorrogables, abrangue sete campos de herba natural, artificial e terraO prazo de presentación de ofertas remata o 7 de outubro
A Fundación Municipal de Deportes sacará a concurso o servizo de mantemento vexetal en instalacións deportivas municipais. O contrato abrangue tanto os campos de herba natural da Lomba e do estadio de Atletismo, como outras instalacións municipais de terra ou herba artificial. En total, o contrato terá un ámbito de actuación de sete instalacións deportivas nas que, dependendo das característica de cada unha delas, o adxudicatario deberá realizar segas de prados, recorte de bordos, fertilización ordinaria, toma de mostras e analítica de solo e subsolo, vixilancia fitosanitaria e limpeza de maleza. O contrato ten un prezo de licitación de 98.500 euros por un prazo de 16 meses.As instalacións obxecto de actuación e as tarefas a realizar en cada unha delas polo adxudicataria serán:
- Campo de fútbol municipal de A Lomba
Sega de prado e recorte de bordos.
Fertilización ordinaria de mantemento.
Control e limpeza de maleza.
- Campo de fútbol municipal de Vilaxoán-Sobradelo
Control e limpeza de maleza (incluíndo explanada exterior).
- Campo de herba do Estadio de Atletismo
Sega de prado e recorte de bordos.
Fertilización ordinaria de mantemento.
Control e limpeza de maleza.
- Complexo Deportivo de Fontecarmoa
Control e limpeza de maleza.
- Campo de fútbol municipal de Berdón
Control e limpeza de maleza.
- Campo de fútbol de Bamio
Control e limpeza de maleza incluíndo un perímetro exterior de seguridade dun metro.
- Campo de fútbol de A Pelada
Control e limpeza de maleza.
No prego de condicións técnicas que se pode consultar no perfil do contratante da web municipal ou nas oficinas da Fundación de Deportes en Fexdega, constan outros requisitos como a frecuencia de segas e recortes de bordos, o número de cortas extraordinarias, o número e periodicidade das analíticas e fertilizados, así como da limpeza e control de maleza. Tamén se especifica as actuacións con uso de herbicidas en cada instalación e os controis técnicos por parte dun mestre xardineiro
As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o día 7 se outubro para presentar as súas ofertas para a prestación do servizo por plazo de 16 meses prorrogables nun período similar.