A FUNDACIÓN OFERTA A PARTIR DO 15 DE SETEMBRO 8 MODALIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS
O prazo de inscrición ábrese o luns e o trámite deberá realizarse nas oficinas de Fexdega de 9 a 14 horasA distribución das sedes fíxose en principio se contar co pavillón de Castelao, que poderá incorporarse cando rematen as obras de mellora
A Fundación de Deportes de Vilagarcía oferta para o curso que vai a comezar un total de oito actividades deportivas para adultos. Son ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga e pilates. As sesións impartiranse en diferentes horarios nas instalacións municipais de Fexdega, Fontecarmoa, Carril, Guillán, e os colexios de A Lomba e A Escardia. As actividades acuáticas realizaranse na piscina municipal. Con esta diversificación preténdese achegar a oferta a diferentes puntos do municipio e facilitar a asistencia aos usuarios de tódalas zonas.
As actividades deportivas para adultos poderán participar persoas de 16 anos en diante. O prazo de solicitude de praza ábrese hoxe luns, 15 de setembro, e a inscrición deberá realizarse nas dependencias da Fundación de Deportes en Fexdega en horario de 9 a 14 horas. O formulario de inscrición poderá recollerse alí mesmo ou imprimir do taboleiro de Anuncios da web municipal a partir do mesmo luns.
Tamén permanece aberto o prazo de solicitude ou renovación do carné da Fundación que da acceso a participación de todas as actividades deportivas para adultos pagando únicamente a cota do carné para todo o curso 2014/15. Existen varias modalidades de carné e varios tipos de bonificacións ás que poden acollerse os usuarios. O carné familiar terá un prezo anual de 60 euros, mentres que o bonificado será de 50. O carné individual sénior custará 45 euros, mentres que o bonificado obterase por 30. Ademais, mantense o carné xóven por 30 euros por ano, cantidade similar á que custará a tarxeta para menores de idade e tamén para maiores de 65 anos.
Quen o prefira, tamén se pode optar por anotarse directamente ás actividades desexadas sen ter o carné, para o cal deberán abonar a cota correspondente a cada actividade por trimestre. Neste caso deberán renovovar a praza trimestralmente.