OS ESPECTÁCULOS INFANTÍS REGRESAN AO NOVO SALÓN GARCÍA CO ESPECTÁCULO DE TÍTERES "SABELA E O PAXARO MÁXICO"
A compañía Tarabelos representa a partir das 18:00 horas de mañá a obra de títeres de luva e de variña
As entradas de nenos custan 2 euros e as de adultos 3. Pódense comprar a partir das 16:30 horas na Casa da Cultura
Vilagarcía, 4 de abril de 2014.- O Salón García acolle mañá o primeiro espectáculo integramente infantil que se representa nel dende que se procedeu a súa reinaguración. A compañía Tarabelos Teatro será a encargada de estrear para os nenos e nenas o escenario da rehabilitada sala co espectáculo de títeres titulado "Sabela e o paxaro máxico". A representación comeza ás seis da tarde e as entradas pódense adquirir na mesma Casa da Cultura a partir das catro e media. Os prezos son de 2 euros para os nenos e 3 para os adultos.
"Sabela e o paxaro máxico" é unha obra baseada nun conto popular galego que conta unha historia protagionizada por unha una pequena nena que ten que aturar os caprichos da súa xefa, un paxariño fantástico que sempre está disposto a axudala, un mago malvado, un ogro cheirento, un príncipe desaparecido e uns reis preocupados. A compañía Tarabelos ilustra a narración con títeres de luva e variña moi vistosos e coloristas que farán as ledicias dos máis cativos.