"estamos a falar dun Dereito fundamental, non de limosna" |
MANIFESTO DE MARÍA CARRERA, VILAGARCIANA EN FOLGA DE FAME
¿Cál é o motivo desta protesta?
Se está a negar unha situación de emergencia nas necesidades primarias dunha porcentaxe da poboación cada vez máis alto que carece de recursos para cubrir necesidades básicas tales como alimentación, productos de hixiene ou roupa chegando a situacións dramáticas. Tan só en Vilagarcía de Arousa existen a día de hoxe 8.500 persoas en risco de exclusión no núcleo urbano, sen contar os suburbios.É preciso urxir e garantir unha renda mínima a tódalas familias que o precisen de forma rápida e efectiva así como de forma digna e respetuosa.
Os trámites para chegar á única renda que pode garantir a cobertura desa urxencia (RISGA) presenta escandalosas irregularidades así como deficiencias lamentables tales como:
Chegan moi tarde: Ninguén chega a cobrar unha RISGA antes dos 7 meses como mínimo, chegando a haber moitos casos de ata 14 meses na obtención da mesma. Inadmisible nunha situación de emergencia para moitas familias.
Información opaca: A tramitación e xestión da documentación é longa e excesiva e non se te garantiza, despois de tanta tramitación e tanto tempo de espera, se te pode corresponder ou non a dita prestación. Así mesmo, a información que se che da dende os Servizos Sociais é pouca e insuficiente, se traspasa información errónea ou directamente non se che informa nin se resolven as túas dúbidas co obxecto de que desistas na solicitude da mesma.
Se está a Embargar: Sendo ilegal os embargos das rendas mínimas, ante unha orde de embargo sobre as contas bancarias por parte do Ministerio de Facenda, estanse a realizar ditos embargos igualmente sobre a RISGA, deixando sen recursos a moitas familias. Se ven é certo que ante a reclamación da mesma é devolta dita prestación, tárdanse uns días no retorno ás contas ¿De qué se supón que teñen que comer as familias durante dito tempo?
Cobro de comisións: Existen bancos que cobran comisións polo ingreso das RISGAS nas súas entidades.
Trato abusivo, irrespetuoso e insultante cara os usuarios dos Servizos Sociais: Facendo máis dura se cabe a terrible situación pola que andan a atravesar moitas persoas, chegando a sentir humillación
Delegación de actuacións de emerxencia a empresas privadas ou semiconcertadas: Se ven é certo que estas entidades están a facer unha grande labor, son os Gobernos locais, provinciais, ou Autonómicos quenes deberan garantir medidas áxiles de emerxencia, tanto de alimentación como de vestimenta ou hixiene, e non entidades de carácter caritativo. Estamos a falar dun dereito fundamental, non de limosna.
E PRECISO COÑECER O QUE ESTÁ A PASAR CUNHA PRESTACIÓN IMPRESCINDIBLE PARA MOITAS PERSOAS EN SITUACIÓNS DE URXENTE NECESIDADE.
¿Cando rematará a miña protesta?
Cando poida alimentarme cos meus propios recursos, sen ter que recurrir á axuda de amigo ningún para cubrir as miñas necesidades básicas.Cando os Gobernos locais, autonómicos e centrais recoñezan que neste país existe un problema moi grave de emprobrecemento poboacional galopante e tomen medidas urxentes e efectivas para cubrir, cando menos, as necesidades básicas. Senón fóra polas familias: pais, irmáns ou abós coas súas pensións, seríamos moita máis xente en situación de precariedade.
BASTA XA DE CRIMINALIZAR OS CIUDADANOS POR UNHA SITUACIÓN QUE NÓS NON CREAMOS. SE NON RESOLVEN SAÍDAS LABORAIS QUE RESOLVAN MEDIDAS DE COBERTURA AS DEFICIENCIAS DE URXENTE NECESIDADE.
Grupo de apoio en facebook: