O GUITARRISTA MEDALLA DE OURO DAS BELLAS ARTES SUBSTITÚE Á SINFÓNICA DE BUCAREST O DÍA 26 DE ABRIL
O concerto da orquestra tivo que cancelarse por problemas coas datas dos visados dos músicos de xira por España
O único concerto en Galicia do guitarrista Antonio Muñoz será unha homenaxe a Paco de Lucía
Cobrese cunha homenaxe a Paco de Lucía o espazo deixado na programación do mes de abril pola Orquestra Sinfónica de Bucarest que anulou o concerto do 26 de abril no Auditorio debido a problemas coas datas dos visados dos músicos de xira por España. O incidente non merma a calidade da programación cultural que mantén o seu nivel xa que ese mesmo día será o prestixioso guitarrista español, Antonio Muñoz Fernández, Medalla de Ouro das Bellas Artes 2014 e gañador do festival de Las Minas, quen deleite ao público vilagarciá coa súa arte.A homenaxe a Paco de Lucía celebrarase o sábado 26 de abril a partir das 20:30 horas no Auditorio. O guitarrista flamenco ofrecerá en Vilagarcía a súa única actuación en Galicia e contará para a ocasión co acompañamento do cantaor Agustín Garnés García.
Esta será unha ocasión excepcional de presencial en Vilagarcía un concerto de guitarra española e música flamenca a cargo de dous grandes mestres dun xénero que non se prodiga en exceso por estas latitudes. Ademais, o concerto conta co aliciente de render homenaxe ao irrepetible Paco de Lucía, recentemente falecido, polo que se interpretarán moitas das súas composicións.
As entradas para o concerto de Antonio Muñoz véndense a 7 e 10 euros e poderanse adquirir o mesmo día da actuación a partir das 18:30 horas no Auditorio.
Antonio Muñoz Fernández, La Unión (Murcia), 1975. Neto do guitarrista Antonio Fernández fillo da cantaora Encarnación Fernández. Comenzou a súa formación como guitarrista con tres anos da man do seu avó. Completou a súa formación con profesores como Manuel Cano, e moi cedo desenvolveu todo un estilo persoal baseado nunha depurada técnica e nunha intensa e inquieta creatividade, calidades que o fixeron merecedor de gañar o "Bordón Minero", máximo galardón do Festival Internacional Cante de Las Minas en 1989, sendo o guitarrista máis xoven da historia en conseguilo. Actualmente é guitarrista oficial deste Festival e alterna a súa labor como profesor na Escola de Arte Flamenco da Fundación Cante de las Minas con actuacións en salas, auditorios e teatros nacionais e internacionais, acompañando ao cante e en concertos de guitarra solista co seu grupo.
Ademais da súa nai, ten acompañado a cantaores como Rancapino, Enrique Morente, Carmen Linares, Manuel Cuevas, Terremoto fillo, Miguel de Tena, Juan Pinilla, Rocío Márquez, María Toledo, Macanita, etc. Tamén traballou durante cinco años no cadro de baile de Nadia Márquez. Pódese encontrar seu toque de acompañamento ao cante en diferentes gravacións publicadas polo Festival Cante das Minas. Actualmente traballa na gravación de lo que será o seu primeiro disco en solitario.