O CONCELLO INFORMA DAS AXUDAS AUTONÓMICAS PARA A INSTALACIÓN DE GPS, TAXÍMETROS E TPV NOS TAXIS
As solicitudes deben presentarse ante a Xunta ata o 11 de abril
Subvenciónase o 50 % do custe ata un máximo de 500 euros por equipo
Vilagarcía, 10 de marzo de 2014.- O Concello informa das subvencións que vén de convocar a Xunta de Galicia para a instalación nos taxis de diferentes equipos de seguridade e de transparencia na información de cobro ao usuario. As axudas concédense para a instalación de sistema GPS, taxímetros con impresoras e TPV e sistemas de control de frotas. Os autopatróns interesados dispoñen de prazo ata o 11 de abril para solicitar as axudas ante a administración autonómica.
Os concesionarios de licenzas de taxis poderán pedir axudas a través desta liña para a instalación de sistema GPS homologado por Centro de Atención de Emerxencias 112 de Galicia, xa que, ante unha situación de emerxencia na que perigue a integridade física do taxista, o equipo deberá permitirlle ao condutor activar unha sinal de alerta ao 112.
Tamén se poderán financiar con estas axudas a instalación de taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS homologado. E por último, os taxistas poderán concorrer a esta liña de axudas para financiar a colocación nos seus vehículos de traballo de un sistema de control de frotas con elementos de xestións, localización e control por satélite que estea conectado a un centro de control a través de GPS.
A suma máxima subvencionable para cada equipo é de 500 euros ou ata o 50% do custe. As bases da convocatoria, onde figuran os requisitos a cumprir, modo de tramitación das axudas, documentación a presentar e demais pódense consultar no DOG de hoxe. O prazo de solicitude remata o 11 de abril.