OS OBRADOIROS "ACTIVA O CORPO, ACTIVA A MENTE" PARA PERSOAS MAIORES AMPLÍAN O NÚMERO DE PRAZAS NA EDICIÓN 2014
Trátase dunha actividade gratuíta para previr a dependencia e prolongar a autonomía persoal, na que poderán participar 40 maiores
O prazo de inscrición vai do 12 ao 26 de febreiro e as actividades comezarán en marzo
Vilagarcía, 11 de febreiro de 2014.- A Área de Persoas Maiores organiza unha nova edición dos obradoiros "Activa o corpo, activa a mente" co obxectivo previr a dependencia e mellorar a calidade de vida dos participantes a través dunha vida activa que prolongue a súa autonomía persoal. Dado o éxito que ten este programa dende a súa posta en marcha hai xa varios anos, o departamento que dirixe Ángeles Rodríguez optou por elevar o número de prazas ata as 40. O prazo para anotarse vai do 12 ao 26 de febreiro.
A inscrición pode realizarse nas dependencias da Área de Persoas Maiores cubrindo o formulario que se pode obter alí mesmo ou imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es . Os únicos requisitos para poder participar son ter 60 anos cumpridos e residir en Vilagarcía. A participación é de balde.
Persoal especializado da firma Sacendi, especializada na prestación de servizos socio sanitarios, será o encargado de impartir as actividades que se desenvolverán de marzo a xuño e de setembro a decembro. Os obradoiros celebraranse os martes de 17 a 19 horas no seminario número un do Auditorio.
Como xa se fixo en edicións anteriores, o programa dividirase en diferentes áreas de actuación que se centran en fomentar as habilitades sociais e as físicas. Algunas das actividades que realizarán os asistentes serán de técnicas e exercicios de reforzo da memoria e técnicas e coñecementos de hábitos de vida saudable. Tamén realizarán actividades de musicoterapia baseadas no cancioneiro popular, así como obradoiro de recuperación da memoria e da sabiduría dos maiores.
O traballo máis físico inclúe actividades de ritmo e movemento, como ximnasia de mantemento adaptada aos maiores, tamén se farán técnicas e exercicios de relaxación e terapias alternativas e ata un obradoiro de bailes de salón.
LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete