O MANTEMENTO DO CAMPO DA LOMBA CUSTA 5.000 EUROS AO MES PARA 16 HORAS DE USO MÁXIMO
- A metade do presuposto destínase á enerxía eléctrica
- O goberno local segue traballando para lograr un novo campo de fútbol para todo o deporte vilagarcián
- A cal será substituída por pintura só nos días de chuvia
- O vindeiro luns unha comisión técnica Concello-Arousa SC analizará o proxecto da cantina
Vilagarcía, 14 de febreiro de 2014.- O Concello destina cada mes unha media de 5.032 euros ao mantemento do campo de fútbol municipal da Lomba, que só se utiliza dezaséis horas neses trinta días (partidos do Arousa e Arousana e un adestramento do primeiro cando o estado do campo o permite). A esa cantidade habería que engadir os gastos extraordinarios por reparacións ou actuacións que non se poden valorar a priori, ademais dos derivados das pólizas de responsabilidade civil e de aseguramento de contido/continente das instalacións municipais.
A partida máis importante dos gastos que xera o mantemento do campo da Lomba é, dende longo, a correspondente á electricidade (2.500 euros), á que segue o mantemento vexetal e o control de plagas da herba (1.500 euros). O resto son gastos ordinarios de mantemento, distintos subministro se persoal. O custe do mantemento xeral ao cabo do ano é pois de algo máis de 60.000 euros.
Na reunión que hoxe mantivo o goberno municipal cunha ampla representación do club arlequinado tratáronse varios temas pendentes. Un deles, a construcción duna nova cantina, que sufragará a Deputación baixo proxecto do Concello, e por iso ambas partes –técnicos municipais e directivos do Arousa- se reunirán o vindeiro luns a fin de definir esta instalación que pasará a formar parte do patrimonio municipal no campo da Lomba. En principio, as obras deberían estar rematadas antes do 31 de marzo.
Hoxe, o goberno local volveu reiterar o seu compromiso de que todo o deporte local conte cun novo campo de fútbol, para o que leva xa tempo xestionando tanto o seu emprazamento coma o financiamento. Con iso, o Concello e a Fundación confían en aliviar un pouco o complicado encaixe de horas que solicitan os distintos clubs, Arousa incluído. Para o que resta de ano, o Arousa xa sabe que poucos cambios haberá porque as instalacións dispoñibles son as que son e todos teñen que adaptarse a iso.
En canto á coincidencia de partidos de Arousa e Arousana, o goberno local trasladoulles aos directivos o que xa comentaron máis dunha vez: os calendarios son unha cuestión da Federación Galega de Fútbol, no que pouco influír a Fundación de Deportes. De feito, non é a primeira vez que establecendo un calendario inicial no que ambos clubs non coincidían, logo un aprazamento ou calquera outra circunstancia pode variar ese calendario. Con todo, a Fundación volverá a mediar ante a Federación para evitar na medida posible estas situacións.
Por último, e en canto ao recente caso das queimaduras de varios xogadores, na reunión quedou claro o convencemento de que foi o uso abusivo de cal ou causante das feridas. Para evitalo nun futuro, o Concello adquirirá pintura especial para herba. Esta solución se aplicará cando as condicións metereolóxicas sexan adversas.