OS INTERESADOS EN PARTICIPAR NO CONCURSO DE CARROZAS E DISFRACES DO ENTROIDO PODEN INSCRIBIRSE A PARTIR DE MAÑÁ
Establécense 12 premios para as categorías infantil e de adultos con premios en metálico que van dos 100 aos 600 euros
As bases do certame pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es
Vilagarcía, 19 de febreiro de 2014.- A Concellería de Cultura abre mañá, xopves 20 de febreiro, o prazo de inscrición para participar no Concurso de Carrozas e Disfraces do Entroido 2014. As persoas e colectivos interesados en optar a algún dos 12 premios establecidos poderán inscribirse ata o mesmo día do desfile, o martes 4 de marzo, nas dependencias da Concellería de Cultura en horario de 9 a 14 horas, excepto o último día, no que se pechará o prazo ás 12:00 horas.
O Desfile de Carrozas e Disfraces celebrarase o 4 de marzo, Martes de Entroido. A Concellería de Cultura estableceu un total de 12 premios (seis para a categoría de adultos e outros seis para a infantil) dotados coa suma total de 2.950 euros. Na categoría de adultos establécense seis premios nas modalidades, tres na modalidade de grupos (de 600, 400 e 300 euros) e un número similar para os tres mellores disfraces individuais e de parellas (de 250, 200 e 100 euros).
Na categoría infantil (ata 14 anos) tamén se concederán seis premios. No apartado de grupos estabécese un primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo con 2000 e o terceiro con 150; mentres que na modalidade que reúne disfraces individuais e de parellas, os premios serán de 200, 150 e 100 euros.
Entre os criterios que terá en conta o xurado á hora de emitir o seu fallo atópanse ademais da orixinalidade, laboriosidade e espectacularidade dos disfraces, aspectos como a animación, espontaneidade, interpretación e ambientación musical. Estes criterios veñen recollidos nas bases que rexerán o desfile concurso e nas que se establece outros aspectos a ter en conta como a prohibición de participar con animais vivos ou a obriga de realizar o percorrido completo (para o cal se establecerán controis en distintos tramos). Ademais, os grupos que participen cun vehículo, carroza ou artefacto de grandes dimensións deberán notificalo previamente á Concellería, a efectos de organizar a saída e disposición dos mesmos. O xurado estará composto por persoas relacionadas coa música e a cultura, xornalistas e os premios poderán quedar desertos se así o estima o xurado.
LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete