SERVIZOS SOCIAIS CULMINA O PROGRAMA DE INTERVENCIÓN CON FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN
Traballouse a xestión emocional, económica e competencial dos participantes a nivel persoal e no marco do núcleo familiar
Facilitáronse ás familias as ferramentas para afrontar situacións complicadas como as derivadas da falta de traballo e da perda de ingresos, así como para xestionar axeitadamente os seus recursos
O obxectivo era evitar a cronificación das problemáticas e axudarlles a ser autónomos co fin de evitar a exclusión social
Monitores e participantes valoraron a iniciativa como "moi positiva"
Vilagarcía, 18 de febreiro de 2014.- O programa de intervención con familias en risco de exclusión social posto en marcha polos Servizos Sociais municipais no mes de outubro concluíu con resultados moi positivos a xulgar tanto polas valoracións realizadas polos docentes que dirixiron as actividades como polas 15 familias que participaron nelas. Durante os meses no que se desenvolveu esta innovadora iniciativa, os docentes traballaron tanto a nivel individual como colectivo con familias perceptoras de axudas de emerxencia social co obxectivo de evitar situacións de exclusión social.
O programa xurdiu ante as necesidades detectadas no departamento de Servizos Sociais a onde cada vez acoden máis familias que, abocadas polo paro e a perda de ingresos provocada pola crise, teñen que solicitar axudas de emerxencia social para facer fronte a pagos de extrema urxencia e necesidade, como o aluguer ou a hipoteca a luz ou mesmo a compra de alimentos. Para evitar que esa situación chegue a cronificarse e para axudarlles ás familias a volver a ser autónomas economicamente, os psicólogos e técnicos do departamento orientaron aos participantes dende distintos ámbitos para que poidan afrontar psicoloxicamente a situación da perda de recursos e tamén para que saiban xestionar dun xeito máis eficaz os recursos dispoñibles para que poidan desenvolverse con autonomía.
Os docentes traballaron cos participantes aspectos de mellora da xestión emocional, competencial e económica a efectos de facilitar o desenvolvemento integral da familia como marco para o crecemento harmónico de todos os seus membros e, en especial, dos menores.
Segundo se recolle na memoria do programa, a situación inicial dos integrantes da familia, afectados por situacións de desgaste, desesperación e estrés emocional e que se traducía nunha actitude de incertidume e desconfianza, foi mudando ao longo do desenvolvemento das actividades á medida que ían percatándose da utilidade, tanto a nivel emocional, como instrumental, do que estaban a facer.
As intervencións axeitáronse á situación particular de cada familia, aínda que tamén se abordaron problemáticas comúns de forma conxunta para compartir experiencias e a busca de solucións. As actividades realizáronse de xeito individual, grupal e de intervención no núcleo familiar e abarcaron dende aspectos de organización e xestión da economía doméstica, a adestramento en habilidades sociais e resolución de conflitos, ata a xestión das perdas e da dor pasando por actividades de grupo activo de redes de apoio.
A valoración que os docentes fan do programa recolle que as sesións grupais facilitaron a creación dun clima de relación convivencial e respecto entre familias e monitora no que os participantes se sentían atendidos, escoitados e valorados. Esta situación, segundo os propios participantes expuxeron nas enquisas de valoración proporcionáballes un tempo de ventilación emocional moi positivo. Nestas sesións de grupo abordáronse temas como os relacionados coa busca de traballo; os dereitos, deberes e reclamacións dos usuarios e consumidores de produtos financeiros, entre outros.
As sesións individuais estruturáronse en función da historia familiar, situación laboral/formativa, situación socioeconómica, historia emocional e de saúde e tiveron como obxectivo facer unha abordaxe conxunta por parte dos membros da familia das dificultades comúns a todos eles, darlles instrucións para resolvelas e facer un seguimento da evolución e logros acadados.
Os docentes valoraron como esencial para os bos resultados do programa o clima relacional e convivencial creado entre os participantes e o elevado compromiso e implicación dos mesmos.
Pola súa banda, os participantes no programa expuxeron na enquisa valorativa a axuda que lles proporcionou a actividade para resolver problemas cotiás e tamén para mellorar o seu estado de ánimo e emocional. As familias manifestaron terse sentido moi atendidas e respectados e ter aprendido cousas moi útiles.
Tanto o equipo docente como os participantes coincidiron en apuntar a necesidade de ampliar as horas das intervencións.
O programa de intervencións con familias en risco de exclusión social foi deseñado pola Área de Servizos Sociais e executouse a través dunha subvención do Plan de Acción Municipal da Deputación.
LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete