O CONCELLO PROGRAMA PARA ESTA SEMANA O ASFALTADO DE CAMIÑOS EN GALÁNS E FAXILDE
Os traballos desenvolveranse en dúas xornadas e supoñen un investimento de 45.224 euros
Vilagarcía, 17 de febreiro de 2014.- A concelleira de Obras, Ana Granja, comunicou que está previsto realizar esta semana o asfaltado de camiños nos lugares de Galáns e Faxilde no marco da actuación de mellora do rueiro do rural. Se as condicións meteorolóxicas non van a peor, os traballos desenvolveranse o mércores e o xoves. O presuposto desta actuación ascende a 45.224 euros.
A empresa CCS será a encargada de realizar as obras contratadas polo Concello. O mércores actuarase na rúa do Xogo-Faxilde, partindo dende as inmediacións do campo de fútbol da Pelada. O xoves a maquinaria trasladarase ao camiño de Galáns á Renza pasando pola Lagoa. Os traballos de mellora do firme consistirán na limpeza de cunetas, varrido da superficie da calzada e pavimentación cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de cinco centímetros de grosor.
A actuación finánciase a través do programa de melloras de camiños de titularidade municipal convocado pola Xunta de Galicia para o período 2013-14 e que conta con fondos europeos. Dos 45.224 euros que custan os traballos, o Concello aporta 7.848 euros.
LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete