O CONCELLO ANULA AS ACTIVIDADES EN TODAS AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E PECHA OS PARQUES ANTE A ALERTA LARANXA
O Servizo de Protección Civil e Emerxencias precintou os parques e a Fundación porá avisos en todos os campos e pavillóns municipais Vilagarcía, 14 de febreiro de 2014.- O Concello vén de adoptar diferente medidas de precaución ante os fortes ventos que xa están abatendo a cidade e que se manterán durante toda a xornada, segundo os servizos meteorolóxicos. Ante a alerta laranxa activada polas autoridades autonómicas, a Fundación de Deportes suspendeu todas as actividades deportivas en instalacións municipais e o departamento de Medio Ambiente ordenou pechar os parques do Castriño, Compostela e A Concha. A suspensión das actividades deportivas nas instalacións municipais afecta tanto aos espazos abertos como aos pavillóns e ten como obxectivo previr riscos na práctica deportiva ao aire libre así como evitar desprazamentos en condicións meteorolóxicas tan adversas como as que se están a rexistrar. Cómpre salientar que pola tarde son maioritariamente nenos e nenas os que fan uso das instalacións deportivas municipais a través das actividades extraescolares e das que organizan a Fundación os clubs deportivos. Tamén como medida de precaución, o concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Longa, ordenou pechar os parque de Compostela, Castriño e A Coca debido ao efectos que os fortes ventos puideran ter nas árbores destas zonas verdes. Prégase aos cidadáns que respecten os peches para evitar riscos innecesarios.
LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/ gabinete

LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/