AUTOBUSES GRATUÍTOS DESPRAZARÁN ATA FEXDEGA ÁS PERSOAS QUE ESTACIONEN NO POLÍGONO DO POUSADOIRO
Tamén se confirmou a apertura durante toda a noite do aparcamento do supermercado Día nas Carolinas e do párking de Xoán XXIII
Os párkings de pago do Cavadelo, Praza de España, Porto Deportivo e Centro Comercial son outras opcións de estacionamento
Vilagarcía, 3 de maio de 2012.- As medidas para garantir o estacionamento de vehículos de cara á previsión da chegada masiva de vehículos para asistir mañá venres á gala solidaria da orquestra Panorama completouse a primeira hora desta tarde coa confirmación de tres novas bolsas de aparcamento: O parque empresarial do Pousadoiro, o estacionamento público do supermercado Día das Carolinas e o párking privado de Xoán XXIII.
Os vehículos que chegan a Vilagarcía a través da saída da Autopista en Caldas poderán estacionar os seus vehículos no parque empresarial do Pousadoiro e utilizar os autobuses lanzadeira que funcionarán dende ás sete da tarde. As dúas empresas de transporte colectivo coas que contactou o Concello confirmaron a súa colaboración, polo que encargaranse de trasladar gratuitamente ata o recinto de Fexdega ás persoas que deixen os seus vehículos no Pousadoiro. Ao remata da gala haberá servizos de volta.
Tamén se confirmou a dispoñibilidade do aparcamento do supermercado Día das Carolinas que permanecerá aberto toda a noite, ao igual que o párking privado de Xoán XXIII, ainda que neste caso, os usuarios deberán pagar polo seu uso. De feito, os aparcamentos privados son outras das alternativas de estacionamento para as persoas que acudan a gaga solidaria de mañá. Estes son os do Cavadelo, Praza de España, Centro Comercial e Porto Deportivo.